Antonio Canovas del Castillo

Deu os primeiros pasos na política da man de Leopoldo O’Donnell. Foi o artífice da Revolución de 1854 proclamada co “Manifesto de Manzanares”, escrito polo propio Cánovas.

Membro da Unión Liberal, foi ministro de Gobernación en 1864 e de Ultramar en 1865 durante o reinado de Isabel II, antes de se proclamar a Primeira República Española.

Despois da Revolución Gloriosa de 1868 e do destronamento de Sabela II encargouse de preparar a volta de Afonso XII, fillo daquela. En 1874 tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos en Sagunto e a proclamación de Afonso XII como rei foi o encargado de idear e dar forma ó sistema da Restauración. O sistema de carácter bipardista fundamentado na Constitución de 1876 era en teoría unha democracia parlamentaria. Defensor convencido dos beneficios do bipartidismo fundou o Partido Liberal Conservador de tendencia conservadora e favoreceu a formación dun partido liberal que aceptase a lexitimidade do sistema político implantado. Con Práxedes Mateo Sagasta, líder do Partido Liberal Reformista estableceu a quenda político obrigatorio, mediante o Pacto do Pardo en 1881. Na práctica o sistema canovista baseouse nas fraudes electorais periódicas, apoiadas no caciquismo, que facían posible a alternancia no poder, como medio de disipar tensións. Deste xeito accedeu varias veces ó cargo da presidencia do goberno, sendo o primeiro presidente do consello de ministros de Afonso XII.

É autor da Constitución de 1876 e asumiu funcións de xefe do estado durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena (1885-1902). Decretou inicialmente o sufraxio restrinxido en 1878. O sufraxio universal masculino non se restableceu ata 1890 baixo o goberno de Sagasta.

O seu goberno desenvolveu unha política colonial baseada na represión dos partidarios dunha Cuba libre. A política levada a cabo contra o nacionalismo cubano acabaría conducindo a España á perda das últimas colonias na guerra hispano-americana contra os Estados Unidos en 1898. Exerceu igualmente unha forte represión contra a disidencia política no interior de España.

Cánovas morreu asasinado o 8 de agosto de 1897 no balneario de Santa Águeda, en Guipúscoa, a mans do anarquista italiano Michele Angiolillo, que se inscribira no establecemento como correspondente do xornal Il Popolo. Segundo as súas declaracións ó ser detido atentara contra el en resposta ás mortes e tortura dos revolucionarios detidos en Barcelona tras o atentado contra a procesión de Corpus en xuño de 1896

Advertisements