Programa

ORIENTACIÓNS SOBRE OS CONTIDOS  DE HISTORIA DE ESPAÑA NA PREPARACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

TEMA 1) 1789 – 1833

  1. O impacto da Revolución Francesa
  2. A Guerra da Independencia
  3. As Cortes de Cádiz
  4. Constitución de 1812
  5. Fernando VII (1808 – 1833)

TEMA 2) A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL

  1. O Estado liberal e as súas dificultades.
  2. O carlismo e as opcións liberais: Carlistas e liberais en Galicia.
  3. Isabel II(1833 – 1868)
  4. O Sexenio democrático (1868 – 1874): a Constitución de 1869. A Primeira República e o federalismo.
  5. A Restauración: o sistema político da Constitución de 1876 e o seu funcionamento.
  6.  A crise da Restauración: do desastre de 1898 á folga xeral de 1917. O rexeneracionismo e a xeración do 98. O republicanismo.
  7. Os comezos da cuestión nacional en España: rexionalismo e nacionalismo en Galicia, País Vasco e Cataluña.

TEMA 3): AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS DENDE COMEZOS DO SÉCULO XIX ATA A GUERRA CIVIL

  1. A revolución liberal e o cambio agrario. As desamortizacións. A evolución diverxente das agriculturas en España. O caso galego.
  2. Industrialización e desindustrialización na España do século XIX: pautas rexionais. Factores internos e externos da evolución económica. O crecemento do primeiro terzo do século XX.
  3. Os caracteres da modernización demográfica da España contemporánea. O débil desenvolvemento das cidades. Os movementos migratorios e a participación de Galicia neles.
  4. Os novos grupos sociais. O nacemento e o desenvolvemento do movemento obreiro e do agrarismo. As súas derivacións políticas.
  5. Cambio e permanencia na cultura, nos valores e nas ideas de España e Galicia contemporánea. Os avances científicos e tecnolóxicos.

TEMA 4) ESPAÑA NO PERÍODO ENTREGUERRAS

  1. A Ditadura de Primo de Rivera
  2. A II República.
  3. A guerra civil: desenvolvemento e internacionalización do conflito.
  4. Evolución sociopolítica e ideolóxica que experimentan durante a Guerra as “dúas Españas”.

TEMA 5) O RÉXIME DE FRANC

  1. Fundamentos ideolóxicos e sociais do réxime franquista. Caracteres políticos e institucións do réxime.
  2. Autarquía e estancamento económico.
  3. España e a situación internacional dos anos corenta e primeiros cincuenta.
  4.  O Plan de Estabilización e as bases do desenvolvemento dos anos sesenta. Migracións interiores e exteriores e evolución da estrutura social. Os inicios da crise.
  5. As forzas de oposición á Ditadura. Os conflitos sociais e políticos. O significado do exilio.
  6. A dinámica política e cultural do franquismo.

TEMA 6) A ESPAÑA ACTUAL 

  1. A transición democrática.
  2. A Constitución de 1978: valores, dereitos e deberes.
  3. O Estado das Autonomías e institucións representativas. O Estatuto Galego.
  4. A situación socioeconómica ata os anos 90.
  5.  España no escenario internacional. A incorporación á CE As relacións con Iberoamérica e co mundo mediterráneo.
  6.  Galicia no marco español e europeo. As peculiaridades demográficas, económicas, culturais e políticas.