Historia

ETIMOLOXÍA

A palabra historia deriva do grego  ἱστορία  (traducible por “investigación” ou “información”, coñecemento adquirido por investigación), do verbo  ἱστορεῖν    (“investigar”). De alí pasou ao latín historia,e ao galego Historia.

A palabra antiga grega foi usada por Aristóteles no seu  Περὶ τὰ ζῷα ἱστορίαι  (léase Peri ta zoa jistória, latinizado Historia animalium, traducible por “Historia dos animais”.   

QUE É?

A historia é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método, o propio das ciencias sociales. Se denomina tamén “historia” ao período histórico que transcorre dende a aparición da escritura ata a actualidade.

PROPÓSITO

O propósito da ciencia histórica é descubrir os feitos e procesos que aconteceron e se desenvolveron no pasado e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexan posibles son en si mesmos obxectos de debate.

DIVISIÓN DO TEMPO HISTÓRICO

Non hai un acordo universal sobre a periodización da historia, aínda que si un consenso académico sobre os períodos da historia da civilización occidental, baseado nos termos acuñados inicialmente por Cristóbal Celarius (Idades Antiga, Media e Moderna), que poñía ao mundo clásico grecorromano e o seu Renacemento como os feitos determinantes para a división; e que actualmente é de aplicación xeneral. A acusación de eurocentrismo que se fai a tal periodización non impide que sexa a máis utilizada, por ser a que responde precisamente ao desenvolvemento dos procesos históricos que produciron o mundo contemporáneo.

En canto á división do tempo prehistórico en Idade da Pedra e Idade dos Metais, foi proposta en 1836 polo arqueólogo danés Christian Jürgensen Thomsen.

Prehistoria: Dende a aparición do home de datas incertas (hai máis de dous millóns de anos) ata a aparición da escritura, en torno ao IV milenio a. C.PREHISTORIA

Paleolítico:

  • Etimoloxicamente significa “Pedra antiga”, pola pedra tallada.
  • Evolución humana no aspecto físico
  • Evolución cultural primitiva como a utilización de ferramentas e do lume ou ao desenvolvemento de distintos tipos de colaboración e conduta social primitiva nos que destaca a linguaxe.
  • Os grupos sociais non superarían o tamaño de hordas, cunha densidade de poboación inferior a un habitante por quilómetro cadrado.
  • A economía limitábase a unha relación depredadora co medio (caza, pesca e recolección)  o que non impedía un impacto notable (primeira humanización da paisaxe natural e extincións provocadas pola presión da actividade humana nos ecosistemas onde se introduce).
  • Dividímolo en:

Paleolítico inferior:  Primeiros modos de talle lítico de instrumentos (Olduvaiense ou modo 1 e Achelense ou modo 2), asociados a restos fósiles de homínidos: Australopitecus, Homo habilis e Homo ergaster (África sudoriental), Homo erectus (estendido por todo o Vello Continente); Homo antecessor e Homo heidelbergensis (específicos de Europa -depósito de Atapuerca-).

♦  Paleolítico medio: Ligado a cambios na cultura material (Musteriense ou modo 3) e nas especies de homínidos (Home de Neanderthal en Europa, Homo sapiens arcaico en África -Homes de Kibish-), dende hai 130.000 anos ata hai 35.000 anos aproximadamente.

♦  Paleolítico superior: Ligado á cultura material asociada ao Homo sapiens moderno: o modo 4 (Auriñaciense, Gravetiense, Solutreano, Madaleniano -en Europa-, Clovis e Monte Verde -en América, onde por primeira vez aparecen homínidos-); dende hai 35.000 anos ata hai 10.000 anos aproximadamente. Xa non hai cambios significativos para a paleoantropoloxía no rexistro fósil; as variacións entre distintos grupos son moito máis sutís: as estudadas tradicionalmente pola antropoloxía física e que se coñecían como razas humanas, e que a moderna xenética de poboacións estuda con renovadas metodoloxías (xenética molecular). Xunto coa paleo-lingüística pretende reconstruír as migracións primitivas.

Mesolítico:

  • Etimoloxicamente significa “Entre pedras”
  • Período de transición, ligado aos cambios que produciu o fin da última glaciación.
  • Dende o X milenio a. C. ata o VIII milenio a. C., aproximadamente.
  • Epipaleolítico: O termo Epipaleolítico non foi aceptado por todo o mundo científico e, actualmente, é utilizado de diferentes maneiras:

♦ No ámbito anglosaxón xeralmente úsase como sinónimo de Mesolítico;

♦ No ámbito frances  adóitase establecer unha clara diferenza entre ambos os dous:

Mesolítico: reservaríase para aquelas sociedades de cazadores – colleiteiros que por si soas, debido aos seus propios procesos internos ao longo do tempo, remataron transformándose en agricultores.

Epipaleolítico sería de aplicación a aquelas outras que só cambiaron a súa economía depredadora por unha produtora debido a contactos con pobos xa neolitizados.

♦ Por último hai quen propón un terceiro termo para este período:

Epipaleolítico sería o axeitado para os grupos que mantiveron as estratexias paleolíticas pero especializándose.

Mesolítico adxudicaríase a aqueles que inicialmente optaron por tal vía pero logo foron entrando nunha dinámica de produción alimentaria.

  • Protoneolítico: é a fase final do Mesolítico. Neste período xorden en Francia as culturas Sauveterriense e Tardenoisiense, que se prolongan ata o Neolítico.

Neolítico:

  • Etimoloxicamente significa “Pedra nova”, pola pedra pulida.
  • Vai do VIII milenio a. C. ao IV milenio a. C. aproximadamente.
  • O seu inicio en cada zona está ligado ao desenvolvemento da denominada Revolución Neolítica: substitución da economía depredadora (caza, pesca e recolección) pola economía produtora (agricultura e gandaría), o que intensificou extraordinariamente a densidade de poboación (de crecemento limitado) e o impacto no medio.
  • Aparición da cerámica.
  • Substitución do nomadismo polo sedentarismo (asentamentos estables ou aldeas).

Idade dos Metais:

  • Vai dende o IV milenio a. C. (ou máis tarde, segundo a zona),
  • Prodúcense innovacións tecnolóxicas de difusión paulatina (metalurxia, roda, arado, vela).
  • Algunhas aldeas amurállanse e aumentan de tamaño ata transformarse en cidades.
  • A economía e a sociedade faise máis complexa (comercio a longa distancia, especialización do traballo, estratificación social cunha elite dirixente caracterizada pola exhibición de riqueza en forma de armas e monumentos funerarios).
  • O tránsito á historia darase cando se complete a formación das sociedades complexas (civilizacións) con estado e relixión institucionalizada, que producirán a escritura.
  • Divídimolo en

Calcolítico ou Idade do Cobre (III milenio a. C. aproximadamente, en Europa Occidental).

Idade do Bronce (II milenio a. C. aproximadamente, en Europa Occidental).

 ♦ Idade do Ferro (I milenio a. C. aproximadamente, en Europa Occidental, ata a romanización).

Historia

HISTORIA

Protohistoria: É un período de solapamiento onde as civilizacións que desenvolven escritura deixan constancia escrita non só de si mesmas, senón doutros pobos que non o fixeron. Habitualmente os pobos colonizadores son os que deixan testemuña histórica da súa relación cos pobos indíxenas (por exemplo, dos pobos prerromanos).

Idade Antiga:

  • Primeiros estados  en Mesopotamia (Sumeria, Acad, Babilonia, Asiria), Antigo Exipto, Levante Mediterráneo (Fenicia, Antigo Israel) e o resto do Mediterráneo Oriental (civilizacións anatólicas -hititas-, e exeas -minoica e micénica-).
  • Dividímola en:

 Antigüidade clásica:

*  Entre o século VIII a. C. e o século II d. C..

* De validez restrinxida ás civilizacións grega e romana, caracterizadas pola cultura clásica  e uns precoces conceptos de liberdade, democracia e cidadanía que se baseaban paradóxicamente na submisión doutros pobos e a utilización intensiva da forza de traballo escrava.

* Ambas civilizacións contaban as súas eras desde datas do Século VIII a. C. (a primeira olimpiada ou a fundación de Roma, respectivamente).

* Simultáneamente desenvolveuse o Imperio Persa que pon en contacto as civilizacións mediterráneas coas civilizacións asiáticas, especialmente a hindú, mentres que as civilizacións de Extremo Oriente, como a chinesa, desenvólvense de forma prácticamente independente, e as americanas en total desconexión.

Antigüidade tardía: de validez restrinxida a Occidente, é un periodo de transición, desde a crise do século III ata Carlomagno ou a chegada do Islam a Europa (século VIII), en que o Imperio romano entra en decadencia e sofre o impacto das invasións xermánicas, novas relixións monoteístas (cristianismo e Islam) impóñense como relixións dominantes e o modo de produción esclavista substitúese polo modo de produción feudal. En Oriente sobrevive o Imperio bizantino rehelenizado.

Idade Media:

  • De validez restrinxida a Occidente
  • Vai desde a caída do Imperio romano de Occidente (século V) ata a caída do Imperio romano de Oriente (século XV). Nun periodo tan prolongado producíronse dinámicas moi complexas e ricas.
  • Dividímola en: Alta Idade Media:

* Do S.  V ao S. X.

* Unha época escura pola escaseza de fontes escritas debida ao retroceso da vida urbana e da descomposición do poder político que caracterizan ao feudalismo.

* A Igrexa, sobre todo a través do monacato, convértese na única continuidade da tradición intelectual.

* A nobreza e o clero, vinculados familiarmente, son os señores que exercen o poder político, social e económico sobre os campesiños sometidos a servidume.

* Castelos e mosteiros impóñense nunha paisaxe de bosques, baldíos e pequenas aldeas case incomunicadas.

Baixa Idade Media:

* Do S. XI ao S. XV. (incluíndo a Crise da Idade Media ou Crise do século XIV)

* Prodúcese unha revolución urbana e un aumento da actividade comercial e artesanal dunha incipiente burguesía, á vez que se fortalece o poder das monarquías feudais.

* Os poderes universais (Pontificado e Imperio) enfróntanse e entran en crise.

* As Cruzadas demostran a capacidade de expansión europea cara ao oriente do Mediterráneo mentres no Al Ándalus (España musulmá) impoñíanse os reinos cristiáns do norte peninsular.

* A universidade medieval reelaborou o saber antigo a través da escolástica.

* Nos séculos finais confórmanse os trazos que caracterizarán todo o periodo do Antigo Réxime: unha economía en transición do feudalismo ao capitalismo, unha sociedade estamental e unha monarquía autoritaria en transición á monarquía absoluta.

 Idade Moderna

  • De mediados ou finais do século XV a mediados ou finais do século XVIII.
  • Tómase como fitos que marcan o seu comezo a Imprenta, a toma de Constantinopla polos turcos ou o descubrimento de América.
  • Como final a Revolución francesa, a Independencia dos Estados Unidos de América ou a Revolución industrial.
  • É, por primeira vez, un periodo de validez case mundial posto que para a maior parte do mundo significou a imposición da civilización occidental e a denominada economía – mundo.
  • Iniciouse coa era dos descubrimentos e a expansión do imperio español e o portugués.
  • O mundo das ideas experimentaba as innovacións do Renacemento, a Reforma Protestante e a Revolución científica; contrapesadas pola Contrarreforma e o Barroco.
  • Mentres na Francia de Luís XIV triunfaba o absolutismo, noutras partes de Europa noroccidental facíano as primeiras revolucións burguesas que desafiaban ao Antigo Réxime (revolución holandesa, revolución inglesa) e no sur e leste do continente observábase un proceso de refeudalización.
  • O eixe da civilización desprazouse da cuenca do Mediterráneo ao océano atlántico.
  • A crise do século XVII e os tratados de Westfalia reedificaron un novo equilibrio europeo que imposibilitaba as hexemonías española ou francesa, e que se mantivo durante o século XVIII, caracterizado intelectualmente pola Ilustración.
  • Ao longo de todo o periodo vanse xestando os modernos conceptos de nación e estado.

Idade Contemporánea

  • Dende mediados ou finais do século XVIII ata o presente.
  • Unha inicial era das revolucións (revolución industrial, revolución burguesa e revolución liberal) acabou co Antigo Réxime e deu paso na segunda metade do século XIX ao triunfo do capitalismo que se estende co imperialismo a todo o mundo, á vez que se vía contestado polo movemento obreiro.
  • As guerras napoleónicas deron paso a un periodo de hexemonía británica durante a era Victoriana.
  • O comezo da transición demográfica (primeiro en Inglaterra, pouco despois no continente europeo e posteriormente no resto do mundo) produciu unha verdadeira explosión demográfica que alterou de forma radical o equilibrio social e o do home coa natureza, sobre todo a partir da segunda revolución industrial (paso da era do carbón e da máquina de vapor á era do petróleo e o motor de explosión e a electricidade).
  • A primeira metade do século XX marcouse por dúas guerras mundiais e un período de entreguerras no que as democracias liberais enfrontadas á crise de 1929 vense desafiadas polos totalitarismos soviético e fascista.
  • A segunda metade do século XX caracterizouse polo equilibrio do terror entre as dúas superpotencias (Estados Unidos e a Unión Soviética), e a descolonización do Terceiro Mundo, no medio de conflitos rexionais de gran violencia (como o árabe-israelí) e unha aceleración da innovación tecnolóxica (terceira revolución industrial ou revolución científico-técnica).
  • Desde 1989, a caída do muro de Berlín e a desaparición do bloque socialista conduciron ao mundo actual do século XXI presidido pola globalización tanto da economía como da presenza política, militar e ideolóxica (poder brando) da única superpotencia, así como dos seus aliados (potencias clásicas -Unión Europea, Xapón-), socios ou posibles rivais (potencias emerxentes -China-) e opositores (potencias menores, como algúns países islámicos, e movementos ás veces expresados en terrorismo -11-S-).
Advertisements