Vocabulario

  1. ACUICULTURA: Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes ou plantas, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. E moi significativa en Galicia, e está restrinxida a un pequeno abano de especies, en función da súa importancia económica e do desenvolvemento dunha tecnoloxía axeitada e limitada espacialmente á beiramar ou as augas continentais.
  2. AGRICULTURA ECOLÓXICA: Concepto de economía sustentable que se refire ao sistema de produción agrícola que pretendendo o máximo equilibrio co medio ambiente e coa saúde humana fai uso racional dos recursos (auga, solo e patrimonio xenético) e emprega métodos de bonificación natural vs productos químicos de síntese.
  3. ALUVIÓN: Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio oupermanentemente por unha corrente de auga. Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas oulimos, acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.
  4. AREA METROPOLITANA: Rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome a área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades – dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo organizado de xeito centralizado.
  5. ÁREA SUBURBANA: Concepto administrativo e urbanístico que se refire á franxa de transición (coexistencia de modos de vidas rurais e urbanos), determinada pola administración Municipal, que rodea ás ciudades e se extende polas súas vías de acceso e que ven definida por criterios de densidade e pola actividade económica da poboación.
  6. ARIDEZ: Concepto climatolóxico, que se refire á escaseza de humidade no aire e no solo nunha determinada rexión, definida sobre todo como unha relación entre as necesidades hídricas da vexetación e dos cultivos e o réxime térmico. Entre os exemplos de indicadores de déficit hídrico mencionar os de Gaussen, Lautensach, Martonne e Knoche.
  7. AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL: Concepto de política medioambiental. O “impacto medioambiental” refírese á repercusión que no medio ambiente ten a acción antrópica ou un elemento alleo a ese medio, xerando consecuencias notables nél que deberiamos prever. A súa avaliación é o proceso multidisciplinario mediante o cal se avalía o estudo de impacto ambiental realizado a un programa, obra ou proxecto.
  8. BALANZA DE PAGAMENTOS: Concepto político de contabilidade económica que se refire á medida de tódalas transaccións económicas realizadas entre un país e o resto dos países durante un ano; é dicir, as mercadorías exportadas e importadas, os gastos de estranxeiros no país, as remesas de emigrantes, os capitais estranxeiros invertidos, etc. En España a balanza de pagamentos equilibra o déficit crónico da balanza comercial.
  9. BARLOVENTO: Aba dun relevo montañoso que pola súa orientación respecto ao vento dominante queda exposto ao fluxo ascendente do aire. A aba de sotavento, polo contrario, queda exposta ao fluxo descendente.
  10. CENSO DE POBOACIÓN: É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado, achéganos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, nivel de estudos, renda, etc
  11. COMISIÓN EUROPEA: é a parte executiva da Unión Europea encargado de propoñer a lexislación, a aplicación das decisións, a defensa dos tratados da Unión e do día a día da UE. A Comisión actúa como un gabinete de goberno, cos 28 membros da comisión. Hai un representante por cada Estado membro, aínda que os membros están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu estado natal. Un dos 28 é o Presidente da Comisión (en 2013 José Manuel Durão Barroso), proposto polo Consello Europeo e elixido polo Parlamento Europeo.
  12. COMUNIDADE AUTÓNOMA: é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional de España, está dotada de autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.
  13. CUALIFICACIÓN DO SOLO: Concepto xurídico e como tal político-administrativo que se refire á lexislación e planeamento urbanístico; e en concreto, a un dos seus instrumentos: así, mentras por clasificación do solo enténdese a división en tipos de solo (urbano, urbanizable e non urbanizable), por cualificación do solo entendese a subdivisión en zonas segundo os destinos ou usos asignados (residencial/industrial) e á intensidade e á tipoloxía edificatoria (p.ex., colectivo en manzá aberta).
  14. CUNCA FLUVIAL: ou hidrográfica é a porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas – liña desde a que as augas correntes flúen en direcións opostas, e que adoita coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos-
  15. DENOMINACIÓN DE ORIXE: Concepto administrativo que se refire á distinción que se outorga a certos productos xeralmente de alta calidade, para distinguir o seu lugar de procedencia e evitar así falsificacións e invasións de mercado (p. ex., carne de vacún galega).
  16. DESAGRARIZACIÓN: Concepto que fai referencia á perda de poboación adicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte debilitamento das institucións sociais vencelladas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social. En toda España tense producido este proceso, especialmente desde finais dos anos setenta.
  17. DIFUSIÓN INDUSTRIAL: Concepto económico do sector secundario que se refire aos principios de localización industrial; en concreto, ao proceso de mobilidade dos establecementos industriais, vinculado ao crecemento das aglomeracións urbanas, causa da profunda transformación dos modelos espaciais de distribución industrial (concentrado/descentralizado) das etapas anteriores.
  18. ECONOMIA SOMERXIDA: Concepto económico que se refire á actividade económica ilegal non suxeita a control fiscal que se aproveita de situacións de altos índices de desemprego e busca non pagar impostos, cotas de seguridade social e o pago de salarios baixos. Permite a subsistencia marxinal dun sector mais ou menos amplio de poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas.
  19. ECONOMÍAS DE ESCALA: Concepto que expresa as vantaxes que para unha empresa comporta a súa localización nun determinado contorno: cando se produce unha concentración xeográfica das industrias as fábricas benefícianse de infraestruturas colectivas e repártense o custo destas. Cerca dun gran mercado de consumo economizan en gastos de transporte, benefícianse da concentración de man de obra ou de incentivos fiscais.
  20. ECOSISTEMA: Concepto teórico do enfoque ecoxeográfico que se refire ao conxunto de organismos vexetais e animais que habitan un lugar e que interrelacionan entre sí e co medio que lles é propio.
  21. ECOTURISMO: Concepto económico e medioambiental do sector terciario, chamado tamén turismo ecolóxico, que se refire á actividade turística vinculada a un sentido da ética ao intentar promover, alén do disfrute do viaxeiro, o benestar das comunidades locais (receptoras do turismo), incentivando xunto á preservación do medio natural o desenvolvemento sostible (é dicir, un crecemento actual que non dane as posibilidades futuras). Os principios do ecoturismo supoñen o respeto pola cultura autóctona, a minimización do impacto negativo da actividade turística e o apoio aos dereitos humanos.
  22. EFECTO INVERNADOIRO: Concepto medioambiental que se refire ao proceso que explica o quentamento da atmósfera terrestre por similitude co que acontece nun invernadoiro; en efecto, a atmósfera pode ser atravesada pola radiación solar calorífica de onda curta, pero non por toda a radiación terrestre de onda larga, gran parte da cal é absorbida polo vapor de auga e o dióxido de carbono.
  23. ENERXÍAS RENOVABLES: Son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.
  24. ESPERANZA DE VIDA: Cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. Obtense a partir das táboas de mortalidade. A esperanza de vida é maior nas mulleres que nos homes, situándose en 2011 en 84,8 anos para as mulleres e 78,8 para os homes (en España).
  25. ESTATUTO DE AUTONOMÍA: Concepto xurídico-político que se refire á norma institucional básica dunha Comunidad Autónoma, recoñecida pola Constitución española de 1978. No Estatuto recóllese a denominación da Comunidade, a delimitación territorial, a denominación, organización e sede das institucións autónomas, as competencias asumidas e, se procede, os principios do réxime lingüístico.
  26. ESTEIRO: Concepto fisioxeográfico/morfoxenético que se refire ao ecosistema mariño na desembocadura dun río onde as interaccións de augas salgadas e doces son notables dando lugar a modalidades de erosión/deposición peculiares, opostas ás que dan orixe ós deltas.
  27. ESTIAXE: Concepto hidrolóxico que se refire ao nivel máis baixo que as augas dun río teñen estacionalmente e que, na medida en que aquelas son a expresión hidrolóxica do rexime de precipitacións, coincide co mínimo anual de chuvias.
  28. EXPLOTACIÓN INTENSIVA: É aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura intensiva obtén unha forte productividade, sobre terreos moitas veces de extensión reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.
  29. FONDOS ESTRUCTURAIS: Os Fondos Estruturais son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e busca reforzar a cohesión económica e social. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) –destinados ás rexións menos favorecidas- e o Fondo Social Europeo (FSE) –destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego.
  30. FOZ: Concepto fisioxeográfico que se refire ao sector no que un río conflúe co mar (cfr., esteiro); boca dunha ría e como tal oposto a delta. Estreitamento dun río na fase de erosión liñal dun estrato duro (vbgr., Foz do rio Miño ou a Foz do río Aller).
  31. FRANQUICIA/FRANQUÍA: Concepto xurídico-mercantil que se refire a unha rede de empresas nas que unha delas (franquiciadora), propietaria da marca, a cede a outras pequenas empresas (franquiciadas),que a utilizan a cambio dun pago mensual e dun estricto control do seu funcionamento por parte da franquiciadora (elección dos proveedores, decoración dos establecementos, prezos, etc.).
  32. INDUSTRIAS VERDES: Concepto económico e medioambiental do sector secundario que se refire ao proceso no que se compromete unha empresa industrial para reducir os impactos ambientais das súas producción a través da eficiencia dos seus recursos, do uso coidadoso de sustancias químicas e integrado dos residuos, da sustitución das enerxías fósiles por renovables e do ecodeseño dos bens no mercado. (Con esta definición, calquer tipo de industria pode convertirse en verde).
  33. INVERSIÓN TÉRMICA: Incremento da temperatura do ar ao aumentar a altura, cando debera de diminuír segundo o gradiente adiabático normal. O ar máis cálido atópase sobre o máis frío. No nivel do solo, é resultado da irradiación nocturna con ar en calma e ceo despexado nunha situación anticiclónica invernal.
  34. ISÓBARA: É unha isoliña que, nun mapa meteorolóxico, une os puntos que teñen a mesma presión atmosférica ao nivel do mar. O conxunto de todas elas configuran os cambios de presión. Habitualmente represéntanse os múltiplos de 4 hPa (hectopascais) ou mb (milibares) (1000, 1004, 1008, 1012,…), unidade de medida da presión.
  35. ISOHIETA: Isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas. Utilízase sobre todo nos mapas climáticos.
  36. LANDA: Formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e como consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por matogueiras como a xesta, o toxo e o breixo, podendo acadar os 3 m de altura. É característica da España húmida, asentándose sobre solos pobres e pouco aptos para o cultivo.
  37. LAURISILVA: A laurisilva é un bosque nuboso subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes árbores, que en España se dá nas illas Canarias, máis concretamente nas vertentes setentrionais das illas occidentais de maior elevación, alí onde o “mar de nubes” -determinado pola afluencia dos alisios- permite o seu crecemento.
  38. LITOSFERA: é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera . A litosfera está formada pola codia e unha parte do manto superior terrestre.
  39. MAQUIS: ou maquia é un ecosistema de matogueira mediterránea, formación de especies perennifolias, principalmente arbustivas, que adoita refuxiarse sobre solos silíceos. Os érbedos, as xaras, os breixos, lentiscos, romeus e outras especies son características desta formación, de maior porte xeralmente que as garrigas.
  40. MARISMA: Concepto morfoxenético de litoral que se refire a un terreo baixo ou anegado, nas ribeiras do mar ou das rías; por tanto, dunha área areosa que de forma recorrente e repetida se inunda de auga salgada procedente do mar. O exemplo máis representivo son as Marismas do Gudalquivir. (Ver definición de Esteiro).
  41. MATERIAS PRIMAS ESTRATÉXICAS: Concepto económico que se refire ás materias primas e fontes de enerxía que ben pola amplitude da súa demanda, ben polo carácter focal ou hexemónico da súa oferta, constitúen bens escasos ou xeran dependencia nas economías de terceiros países.
  42. MESETA: Concepto fisioxeográfico que se refire á superficie chá ou lixeiramente inclinada nunha determinada dirección, cortada por vales e situada a certa altitude sobre o nivel do mar. (Vbgr., submeseta peninsular).
  43. MOVEMENTOS ANTIGLOBALIZACIÓN: Concepto socio-político que se refire a unha corrente de protesta mundial que aúna a numerosos e heteroxéneos grupos de diferentes países contra o capitalismo extremo, o modelo neoliberal, e a perda de control social e político nun sistema de decisión globalizado que actúa sobre un mundo globalizado. Ademáis deste termo existen outros moitos que se usan para designar a estos grupos, como por exemplo: Movemiento de Resistencia Global, Movementos Antimundialización, Antiglobalistas, Globalifóbicos, etc.
  44. MUNICIPIO: Concepto de administración territorial que se refire á unidade territorial administrativa básica en que se divide oficialmente o territorio español. Normalmente rexida por un concello elexido democráticamente, a súa capital coincide cun núcleo de poboación concentrado; mentras, o resto dos núcleos poden estár dispersos como no caso de Galicia.
  45. OBXETIVOS DO MILENIO (ODM): Concepto social e político que se refire á “Declaración do Milenio das Nacións Unidas”, adouptada polos Estados Membros o 8 de setembro de 2000. Síntese de acordos internacionais alcanzados en diversos cumios mundiais ao longo dos anos 90 (sobre medioambiente e desenvolvemento, dereitos de mulleres, desenvolvemento social, racismo, etc.). A Declaración traza unha serie de compromisos concretos que se son cumpridos nos prazos fixados, segundo os indicadores cuantitativos que os acompañan, deberán mellorar o destino da humanidade no 2015. Entre os obxectivos atópanse a erradicación da pobreza, a educación primaria universal, a igualdade entre xéneros, a mortalidade infantil e materna, frear o avance de enfermidades contaxiosas (caso do vih/sida) e a sostenibilidade do medio ambiente aos que se añade como Obxectivo 8, “Fomentar unha Asociación Mundial para o Desenvolvemento”.
  46. PADRÓN MUNICIPAL: Rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá do censo. A súa principal
    vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado padrón continuo de poboación. Isto quere dicir que en calquera momento se pode coñecer a cantidade de poboación dun municipio, así como as súas principais características, polo que é un dato de vital importancia para os concellos, xa que reciben máis ou menos financiamento en función da poboación que teñan.
  47. PAISAXE: Concepto xeográfico que, segundo sinala a Convención Europea da Paisaxe, “designa calquer parte do territorio, tal como é percibida polas poboacións, cuxo carácter resulta da acción de factores naturais e/o humanos e das súas interrelacións”. As paisaxes son dinámicas e evolucionan ao longo do tempo e son diferentes en cada rexión, polo que están sendo cada vez máis valorados e protexidos. Forman parte de noso patrimonio.
  48. PARQUE TECNOLÓXICO: Concepto de lexislación económica que se refire ao conxunto de instalacións que dotan dunha infraestrutura básica a todas aquelas iniciativas empresariais que se estimen viables para o desenvolvemento industrial e tecnolóxico dunha determinada área.
  49. PARROQUIA: Concepto de división territorial que se refire a un territorio que abarca a varios núcleos de poboación e de límites asumidos e coñecidos polos moradores; pero non recoñecidos xurídicamente. Tampouco en Galicia, onde a parroquia é a unidade básica da convivencia veciñal.
  50. PENECHAIRA: Superficie de erosión, cunha topografía con tendencia ao aplanamento e de escasos desniveis a certa altitude sobre o nivel do mar. (Ex. penichaira cacereña).
  51. PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE (PEIT): Concepto político de vertebración socio-económica do territorio que se refire ao documento-proposta do Ministerio de Fomento que asume o obxectivo a longo prazo (vixente ata 2020) de abordar os retos do transporte en España e as medidas que podan contribuir a mellorar a competitividade económica, a cohesión territorial e social, e a seguridade e calidade do servicio en todos os modos de transporte desde os principios de racionalidade e eficiencia no uso dos recursos.
  52. PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA (PXOU): Instrumento de ordenación integral do territorio. Contén a clasificación do solo, definición dos elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio (como poden ser fixar os espazos libres, de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación etc.), desenvolvemento, execución e a vixencia do plan. Adoita ser municipal, Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
  53. POBOACIÓN ACTIVA: Concepto demográfico que se refire a aquela poboación en idade de traballar. A partires desta definición diferenciamos entre poboación activa ocupada e poboación activa desocupada ou en paro. A efectos estatísticos convén, nembargantes, discriminar a poboación parada (poboación activa ocupada temporalmente sen emprego) da poboación activa desocupada ou de labores non asalariadas.
  54. POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN (PAC): Concepto de integración económica que se refire ás normas directivas de cohesión e coordinación das políticas e actividades agropecuarias entre os países membros da UE. Funciona como un mercado sectorial protexido respecto das exportacións de terceiros países.
  55. POLÍTICA PESQUEIRA COMUNITARIA (PPC): Concepto de política de integración económica que se refire á política de cohesión e coordinación da U.E. en materia pesqueira (Europa Azul). Establece cotas para limitar a cantidade de peixe de cada especie que os Estados Membros poden capturar, e fomenta a industria pesqueira mediante varias intervenciones en el mercado, servíndose dos fondos estruturais (IFOP e FSE).
  56. PROVINCIA: Concepto administrativo que se refire a unidade de xurisdición sobre un grupo de concellos, sobre os que non posúe competencias lexislativas. A actual división provincial española data de 1833 e divide ó Estado español en 50 provincias.
  57. RÉXIME DEMOGRÁFICO: Concepto demográfico que se refire a cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presenta características homoxéneas. Así, diferenciamos na dinámica demográfica dos países desenvolvimos un rexime tradicional (de baixo crecemento da poboación con altas taxas de natalidade e mortalidade), un rexime de transición (altas taxas de natalidade e baixas de mortalidade con explosión demográfica) e un rexime actual (baixo crecemento natural con baixas taxas de natalidade e de mortalidade).
  58. RÍA: Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes.
  59. SALDO MIGRATORIO: Resultado de poñer en relación inmigración e emigración nun determinado territorio. O saldo migratorio é positivo cando o número de inmigrantes é superior ao de emigrantes, e negativo cando a emigración supera a inmigración.
  60. SILVICULTURA: Actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou resinas, pero que tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a conservación de hábitats naturais -susceptibles de integrarse en parques naturais protexidos -e o desenvolvemento de espazos recreativos.
  61. SOMONTANO: Concepto fisioxeográfico que se refire á parte inferior da aba dunha montaña; frecuentemente, amosa pendentes suaves coincidindo coa zona de acumulación de material detrítico procedente da parte superior da ladeira ou vertente. (vbgr., comarca do somontano oscense).
  62. SUBCONTRATACIÓN: Concepto mercantil-administrativo que se refire en xeral ao contrato establecido entre un arrendador e un arrendatario. Particularmente, no sector secundario e especialmente na industria de construción de infraestruturas, é común que as grandes empresas tendan a externalizar parte das súas actividades a outras máis pequenas.
  63. TAXA DE FECUNDIDADE: Pon en relación o número de nacidos vivos nun ano determinado co número de mulleres en
    idade de procrear, isto é,entre os 15 e os 49 anos.
  64. TAXAS AEROPORTUARIAS: Concepto xurídico mercantil que se refire á tributación sobre actividades (Dereito de embarque e desembarque, de depósito, de almacenamento, estacionamento de vehículos, de rexistro, etc.) que realicen persoas naturais ou xurídicas nos aeroportos de uso e administración pública.
  65. TECTÓNICA DE PLACAS: Teoría que explicou a deriva continental e outros fenómenos. A superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas. Estas transportan os continentes e os solos oceánicos, están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica (formación de montañas, volcáns e terremotos). As placas sofren tres tipos básicos de movementos:sepáranse, converxen e deslízanse.
  66. TÓMBOLO: Concepto de morfoloxía de litoral que se refire á barra, formada pola acumulación de gravas e áreas, que comunica unha illa co continente a causa da acción refractaria das ondas mariñas . Un exemplo paradigmático moi coñecido é o tómbolo de Peníscola.
  67. TOUR OPERADORES: Concepto económico que se refire a un sistema de organización do turismo por parte de axencias especializadas, que lle facilitan ao turista a xestión total da viaxe, dende a estadía ata as visitas pasando polo resto dos pormenores organizativos.
  68. TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA: é un modelo que describe os cambios demográficos acaecidos ao longo do tempo nos países desenvolvidos: transición dende unha situación de altas taxas de natalidade e mortalidade a outra caracterizada por un descenso delas, pasando pola fase intermedia, de descenso da mortalidade antes que a natalidade, permitindo un rápido crecemento demográfico.
  69. TRANSXÉNICOS: Concepto bioxenético que se refire aos organismos cuio contido xenético (xenoma) foi modificado mediante inxeñería para mellorar as súas potencialidades; sen embargo, esta actividade pode estar xerando tamén riscos (desprazamento de especies domésticas non transxénicas, invasión de hábitats non preparados para os organismos tranxénicos, aceleración do empobrecemento dos solos e eliminación da biodiversidade ).
  70. UMBRIA: (avesedo) é a parte dun terreo en que case sempre fai sombra, por estar exposta ao norte, no noso hemisferio. Por exemplo, as vertentes orientadas cara ao Norte do Cordal Cantábrico.
  71. UNIDADE VECIÑAL DE ABSORCIÓN (UVA): Concepto urbanístico que se refire as intervencións do Instituto Nacional da Vivenda durante a etapa do desenrolo para combater o fenómeno do chabolismo na periferia das grandes cidades (barrios de Fuencarral, Hortaleza, Vallecas e Villaverde nos 60), consistente na planificación de edificacións prefabricadas de provisionalidade quinquenal.
  72. VEXETACIÓN ANTRÓPICA: Concepto bioxeográfico que se refire ao efecto de sustitución dunha vexetación climax ou primaria por outra disclimax ou secundaria provocada pola acción do home. Por exemplo, a repoboación con coníferas ou de frondosas tipo eucaliptos.
  73. VEXETACIÓN CLÍMAX: Concepto bioxeográfico que se refire á vexetación que está en equilibrio coas condicións ambientais dun lugar, é dicir, a vexetación potencial que debería existir nun lugar de non mediar outros factores fora dos meramente ambientais. Un exemplo de vexetación climax é a de carballos no piso basal da provincia eurosiberiana na península Ibérica.
  74. XENTRIFICACIÓN: Concepto urbanístico que se refire ao proceso de transformación física, económica, social e cultural dun antigo barrio degradado e/ou residencial de clase social baixa cando pasa a ser de clase media-alta.
  75. XEOPOLÍTICA: Concepto político que se refire á relación entre as institucións político-administrativas e os territorios. Así, os estudos de xeografía política moi variados, realizanse a diversas escalas, abarcando aspectos como poder político, estructura administrativa, divisións territoriais, relacións internacionais e as súas implicacións espaci