Teoría Sector Primario

INTRODUCIÓN

En Xeografía, considérase como rural o espazo xeográfico que se opón ao urbano, é dicir aquel espazo xeográfico que polos seus carácteres físicos, humanos e económicos (ou pola combinación dalgúns deles) diferénciase do espazo urbano. De modo xeral poderíamos engadir que os trazos propios do espazo rural son:

  • Desde o punto de vista humano, trátase dun espazo pouco poboado, e cun escaso desenvolvemento urbano. Os habitantes do espazo rural forman parte de comunidades reducidas e moi interrelacionadas: as súas relacións sociais son moi estreitas (fortes vínculos de veciñanza e familia); e tamén é destacable o valor que dan ás súas tradicións.
  • Desde un punto de vista económico, as actividades predominantes son as agrarias, é dicir as actividades da agricultura, a ganderia, o aprovechamiento forestal ou as de caracter pesqueiro. As comunidades rurais, posúen tamén un apego natural ao medio físico, que tamén é a base do sustento económico.

En España, o espazo rural actual é o produto dun proceso histórico lento, suxeito a transformacións sociais e económicas, e que partiron dun modelo tradicional moi condicionado polo peso da agricultura e ganderia pouco desenvolvidas (con abundante man de obra, escasa mecanización e baixos rendementos). O modelo evolucionou a partir de mediados do século XX, como consecuencia do proceso de industrialización, que favoreceu o declive das actividades agrarias, e ante o maior desenvolvemento urbano e o progresivo despoboamento do medio rural.

1) OS USOS DO SOLO E A SÚA DISTRIBUCIÓN: TIPO E FACTORES EXPLICATIVOS

Ata o século XIX, todos os países mantiñan un predominio do sector primario (o que inclúe as actividades agrarias e outras ligadas á extración de recursos naturais, como a pesca e a explotación forestal), e boa parte da súa poboación activa dedicábase a obter alimentos e outros bens de primeira necesidade. Só entón, algúns países iniciaron un proceso de industrialización, que fixo que o sector secundario se convertese no máis importante dentro do seu territorio.

Nas últimas décadas, os países desenvolvidos mantiveron a redución progresiva do sector primario, e agora tamén do secundario fronte ao rápido crecemento do sector terciario ou de servizos. Na actualidade o sector primario só da emprego ao 7% dos ocupados en España, e xera unha proporción algo inferior (4%) do PIB; moi por debaixo do secundario (29% dos ocupados) e, sobre todo, do terciario (66%).

Poboación activa (%)

De todos os xeitos, a produción final agraria é hoxe un 30% superior á de hai un cuarto de século grazas ao seu maior grao de tecnificación que permite aumentar a productividade do traballo e, pese á perda de importancia dentro da economía española e a dos restantes países desenvolvidos, as actividades do sector primaria aínda manteñen un gran valor estratéxico (autonomía alimentaria, achega de materias primas, manter poboación e emprego en áreas rurais, preservar o medio ambiente…). Por todos estes motivos, a Unión Europea mantén desde hai décadas unha Política Agraria Común (PAC), que busca a supervivencia desta actividade influíndo decisivamente sobre o sector agrario español.

Os grandes tipos de usos do solo

Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícase cato grandes tipos de usos de solo:

  • As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total). Esténdese, sobre todo, polas grandes cuncas e vales interiores do Ebro, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir), algunhas depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga, etc.) E o litoral mediterráeno. Son, en cambio, escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma nas áreas de montaña e o arquipelago canario. Neste último, as condicións climáticas, topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou ben produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos.
  • Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total). Están destinados á produción de herba para alimento do gando, e ocupan as áreas máis húmidas, topográficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo. Pódense distinguir tres tipos de situacións:

◊ As pradarías permanentes constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandería vacún.

◊ No oeste da Península Ibérica predominan os pastos estacionais, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandería máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo.

◊ Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os pastos de altura, utilizados tradicionalmente por unha gandaría trashumante – principalmente ovina – que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas.

  • As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipelagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana. Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos, etc.), así como a súa utilización para a caza.
  • Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total). Nesta sección inclúense desde os terreos ermos improdutivos ata as áreas urbanizadas, as ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) e os espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros).

Rural_Mapa_05Factores explicativos

Cabe sinalar que hai toda unha serie de factores que explican que a superficie do terreo se adique a unha ou outra desas actividades ante sinaladas. Estes factores son por un lado físicos e por outro humanos.

  • Factores físicos:

+ Relevo: Por exemplo as zonas montañosas con forte pendente soen estar dedicadas á uso forestal xa que non poden ser cultivadas de xeito doado.

+ Clima: Por exemplo, os prados ou os cultivos que precisan de moita auga son máis frecuentes nas zonas con clima atlántico polas súas abundantes precipitacións.

+ Solos: Hai solos máis ricos que outros e polo tanto onde se obteñen maiores beneficios se se cultivan mentres que noutros solos sucede o contrario.

Como resultado da combinación destes factores aparecen os seguintes dominios:

+ Dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e u oeste peninsular, degradándose cara ao interior

+ Dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e nas Illas Baleares. Caracterízase pola presenza dunha estación seca no verán en el predominan as terras labradas

+ Dominio subtropical nas Illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limítante para os cultivos e o bosque , agás as zonas que están expostas aos ventos alisios

Tamén poderíamos facer outra división entre áreas montañosas e chairas. Nas primeiras, os factores explicados anteriormente fan que a predominancia sexa de bosque e pastizais. En cambio, nas chairas a explotación e ocupación foi máis intensa, o que explica a hexemonía das terras cultivadas, agás nas chairas occidentais, onde os solos de pouca calidade explican o seu uso para pastos.

  • Factores humanos:

+ Na economía de subsistencia, cultivos, pastos e bosques complementábanse, poñendo en uso a maior superficie da terra posible. O desenvolvemento dunha economía orientada ao mercado conduciu ao abandono das terras menos rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar a unha cada vez maior demanda de gando para carne e leite; tamén produciu a destrución de certos bosques, compensada en parte coa repoboación doutros, especialmente con árbores de alto rendemento, o que trouxo numerosos cambios no mapa de usos do solo.

+ Ademais, nos territorios dominados pola gran propiedade son habituais os usos extensivos, con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos escasos en capital e traballo, que os fan rendibles. Hoxe en día moitas convertéronse en empresas capitalistas de alto rendemento. A pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero con maiores rendementos; algunhas pequenas explotacións hortofrutícolas ou baixo plástico xeran grandes ingresos

2) A ESTRUTURA AGRARIA E AS SÚAS TRANSFORMACIÓNS RECENTES (U.E.)

O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre. Tradicionalmente foi un espazo agrario onde se desenvolvían as actividades agrícolas, gandeiras e forestais. Non obstante, desde a década de 1970, introducíronse outras actividades (residenciais, industriais, de servizos, recreativas e paisaxístico – conservacionistas) e o espazo rural volveuse máis heteroxéneo e complexo.

A poboación rural

A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa (4’5% en 2007) e envellecida, con diferenzas territoriais entre as baixas cifras de poboación agraria de Madrid e do País Vasco (1%) e os valores máis altos de Estremadura, Murcia e Galicia (superiores ao 8%).

A causa principal desta situación foi o éxodo rural, acontecido entre 1960 e 1975 e motivado pola mecanización das tarefas agrarias e pola atracción exercida pola industria e polos servizos urbanos.

Desde 1975, a crise económica desacelerou o éxodo rural. As tendencias demográficas que se apuntan desde a década de 1990 son dobres: por un lado, unha continuación do descenso demográfico e do envellecemento nas áreas rurais máis desfavorecidas motivada polo crecemento natural negativo, a emigración e os plans de prexubilación, e por outro, unha certa recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis dinámicas relacionada co asentamento de inmigrantes para realizar tarefas agrarias, novas actividades residenciais, industriais e de servizos e coas subvencións destinadas a evitar o despoboamento rural e a instalar novos agricultores.

As explotacións agrarias

Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo agricultor ou gandeiro, xunto ás instalacións complementarias. En España contabilízanse hoxe un millón de explotacións agrarias, cifra moi inferior a décadas anteriores debido ao abandono de terras polos que se xubilaron, emigraron ou cambiaron de actividade e tamén como resultado dun proceso de concentración de parte desas terras.

Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións aínda que existen fortes contrastes. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre unhas explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo abandono ou traballadas só a tempo parcial cunha baixa produtividade e unhas empresas agrarias, de particulares, sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles.

Tamén existen importantes diferenzas rexionais en canto ao tamaño medio das explotacións agrarias: as rexións dominadas por cultivos de secano ou devesas presentan explotacións de maior tamaño medio e as rexións húmidas e de especialización gandeira, xunto aos regadíos do litoral mediterráneo, contan con explotacións máis pequenas.

No referente ao réxime de tenza pode distinguirse entre tenza directa, arrendamento e parzaría. Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa e tende a desaparecer o sistema de parzaría.

Un medio para conseguir explotacións agrarias rendibles de dimensión suficiente foi a creación de cooperativas (arredor de 4.000 e 45% da produción). Predominan as dedicadas a transformar os produtos e comercializalos.

Técnicas e sistemas agrarios

As técnicas e os sistemas agrarios experimentaron cambios desde a década de 1960. As transformacións técnicas consistiron na incorporación de avances como a mecanización de tarefas, a seleción xenética das sementes e razas gandeiras, ou o uso de fertilizantes químicos e produtos fitosanitarios.

As transformacións nos sistemas agrarios supuxeron unha crecente intensificación da produción e un paralelo aumento do rendementos. A agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que permitiu elevar a súa eficiencia. As transformacións máis importantes son:

+ Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que teñen mellores condicións competitivas, abandonando o resto.

+ Maior investimento de capital para incorporar maquinaria (tractores, colleitadoras, motores para rega, etc.), produtos químicos (fertilizantes, herbicidas, praguicidas, etc.) ou sementes selecionadas e transxénicas. Este tipo de investimentos reduce a necesidade de traballadores e aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter consecuencias negativas (contaminación, riscos para a saúde…).

+ Forte incremento da superficie en regadío, que permite aumentar a produción pero tamén provoca a sobreexplotación de certos acuíferos e crecentes conflitos pola auga.

+ Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o cultivo baixo plástico. Nel altérnanse capas de area e estercol, permitindo cultivar terras moi pouco fertís; sobre todo, no surleste peninsular. O cultivo baixo plástico asóciase ao uso de técnicas avanzadas como o cultivo hidropónico, sen solo, a rega por goteo, ou a creación de microclimas controlados a distancia con medios informáticos.

Estructura gandeira

Nos últimos anos, a gandería coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos, a modernización das explotacións, unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e mportantes modificacións na súa distribución territorial.

Na actualidade, produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos. Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia estacional dos rabaños. A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que va unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos.

Os diversos tipos de especies tiveron un crecemento moi desigual, que tamén modificou a súa distribución espacial:

  • O gando bovino ou vacún destínase nun 80% á produción de carne e coiros. O outro 20% do gando vacún dedícase a produción de leite.
  • O gando ovino sufriu un forte retroceso hai catro décadas ao caer o prezo da la e emigraren moitos pastores. Porén, nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda.
  • O gando caprino foi complementario do anterior.
  • O gando porcino experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas. Mantense a importancia da raza ibérica, que xera produtos de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional. Pero tamén proliferan as granxas onde se realiza a engorda rápida de animais.
  • O gando aviario é a que rexistrou un maior aumento nos últimos tempos, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas a partir do consumo intensivo de pensos

Política Agraria Común (PAC)

As áreas rurais españolas cunha importante presenza de actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes problemas: escasa competitividade dunha parte dos produtos (que só poden ser rendibles mediante subvencións), progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais, redución dos empregos agrarios, ingresos medios inferiores e crecentes impactos ambientais.

Ante esta situación todos os países desenvolvidos manteñen unha política agraria que trata de asegurar a viabilidade do sector, e así manter a presenza no ramo dun certo número de agricultores e gandeiros; procurando, deste xeito, elevar as súas rendas tanto por razóns económicas coma sociais e ambientais.

Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC). Aínda que a PAC coñeceu importantes cambios ao longo do tempo, a súa influencia sobre o sector agrario español concretouse nunha serie de accións:

  • Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos agrícolas e gandeiros con subvencións.
  • Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción, para algúns cultivos ou especies gandeiras que xeran excedentes non consumidos.
  • Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas.
  • Axudas para a modernización das explotacións
  • Apoio á diversificación económica do mundo rural (turismo rural, artesanía e industria, etc.).
  • Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas.

Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas debido a que absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non corresponde ao peso relativo do sector e a que supón un protecionismo do seu mercado interior.

3) O DESENVOLVEMENTO DA GANDERÍA ESPAÑOLA E AS SÚAS TRANSFORMACIÓNS

Dentro do sector primario, a actividade gandeira, que se reparte por todo o territorio, ten unha importancia económica notable. A ganderia española de principios do século XXI caracterízase pola selección de razas animais, a mecanización das actividades gandeiras e a especialización da produción (carne ou leite sobre todo). Como consecuencia, os seus rendementos incrementáronse. Con todo, o sector experimentou crises provocadas por enfermidades que afectaron aos animais, como a peste porcina, a lingua azul ou a enfermidade das “vacas tolas”. Segundo un informe do Ministerio de Agricultura, España aporta de media un 9,5 por 100 da produción gandeira da Unión Europea, e ocupa o sexto lugar en canto a cabezas de gando porcino, ovino e caprino, e o sexto en canto a gando bovino.

A produción gandeira oriéntase ao mercado e, segundo a forma de criar ao gando, presenta diversas características:

Gandería extensiva:

É a cría de gando baseada na alimentación a dente en prados e pastizais (vacún do norte peninsular), en rastroxos (ovino e caprino de moitas zonas cerealísticas de clima mediterráneo) e en dehesas (bovino e porcino das penichairas zamorano salmantina e estremeña e de Serra Morena). A inversión e a man de obra son escasas, distínguese pola cría de tres tipos de gando:

Bovino: Localízase na España oceánica, en especial en Galicia, a cordilleira Cantábrica e os Pireneos, onde as explotacións especializáronse na produción de leite (vacas de raza frisona) e de carne. Nas dehesas de Estremadura, asi como en Cataluña, Castela e León e Andalucía, existe tamén abundante gando bovino, aínda que a política da Unión Europea obrigou a reducir o número de animais desta especie en España.

Ovino: As dúas variedades máis características son a ovella de raza merina (abundante en Castela – A Mancha) e a ovella de raza churra (moi estendida por Castela e León). A gandería ovina oriéntase á produción de leite e derivados lacteos (queixo) e carne (año). Nas últimas décadas, esta gandería debeu modernizarse para atender á crecente demanda, estimulada, en parte, polas políticas da Unión Europea. Andalucía, Aragón e Estremadura dispoñen tamén de abundante gando ovino.

Caprino: Ata fai unhas décadas, o sistema de cría era tradicional, cunha productividad escasa e dirixida ao consumo familiar. Na actualidade, a produción aumentou e oriéntase á venda do leite. O gando caprino está distribuído por case toda España, aínda que destacan Andalucía, Castela – A Mancha e Castela e León.

Gandería intensiva ou estabulada

Ganadería IntensivaÉ o gando criado en cortellos mediante alimentación con pensos, que utiliza razas seleccionadas para os distintos aproveitamentos e técnicas modernas de ordeño e inseminación. En España incrementouse nas proximidades das grandes cidades para aproveitar o mercado urbano. Empréganse abundantes medios técnicos para incrementar a productividade. Dedícase á cría dos seguintes tipos de gando:

Avícola: sobre todo polos e galiñas poñedoras para a produción de carne e ovos. En menor medida, existen granxas dedicadas á cría de pavos e avestruces. Castela – A Mancha, Castela e León e Andalucía son as comunidades que dispoñen de máis número de galiñas ponedoras.

Porcina: este gando, que se concentra sobre todo en Cataluña, Castela e León, Aragón, Castela – A Mancha, Andalucía e Murcia, experimentou un enorme crecemento nas últimas décadas pese aos negativos efectos da enfermidade da peste porcina. Estes animais se crían en granxas, aínda que cando crecen en dehesas, como o porco ibérico, poden considerarse gandería extensiva.

4) A EXPLOTACIÓN DOS BOSQUES

Bosques-y-MontañasEspaña preséntase na actualidade como un país con escasos bosques a pesar da importancia que tiveron no pasado. A extensión ocupada polos bosques representa o 28% da superficie total e a súa produción é insuficiente posto que o autoabastecemento de madeira e leña se sitúa nun 75%, polo tanto importamos parte do noso consumo. As principais partidas corresponden ás coníferas de latitudes frías e a árbores tropicais. A produción forestal achega o 4% do valor total da produción agraria debido a:

– A escaseza de bosques

– A deforestación do país xerada polas talas abusivas que se practicaron ao longo da historia

– A sobreexplotación gandeira

– Os incendios forestais

En canto á localización mais significativa dos espazos forestais hai que destacar:

A masa forestal arbórea é máis importante na España húmida e nas zonas montañosas. Dende o punto de vista da localización das especies pódense distinguir:

O aciñeiral é a formación forestal mais estendida nos ambientes secos

A sobreira encóntrase no Levante, Submeseta Sur e Andalucía

– Os faiais localízanse na España húmida onde destaca Navarra

Os bosques de coníferas localízanse nas áreas montañosas destacan Galicia (piñeiro pinaster ) e nas zonas do Mediterráneo ( piñeiro carrasco)

Como queda indicado a achega total do sector forestal á produción agraria é do 4% do que 2,5% corresponde á madeira e os seus derivados ( produción de papel), e o resto a unha gran variedade de produtos como a resina ( obtida do piñeiro pinaster), a cortiza ( da sobreira), o esparto, a caza e diversos froitos ( landra, castaña..). As rexións con maior importancia na explotación forestal son Galicia e seguidas con moita distancia Castela -León e Andalucía.

A función dos bosques é mais importante que a meramente económica, teñen tamén unha valoración paisaxística e é un elemento clave no equilibrio ecolóxico. A súa conservación e recuperación é un obxectivo dos diversos programas levados remato para a protección e defensa do medio natural. Os principais programas centráronse no repoboación forestal cuxos obxectivos son:

  1. Mellorar o réxime hidrolóxico
  2. Defensa do chan ante a erosión
  3. Frear o proceso de desertización
  4. Recuperación das masas forestais.

Os repoboacións ata o momento non foron moi axeitados xa que se centraron en especies de rápido crecemento para a explotación de madeira con coníferas e eucaliptos, en lugar de repoboar con especies autóctonas máis axeitadas. Actualmente cambiouse esta política productivista por unha claramente proteccionista que está a dar mellores resultados.

A silvicultura é a explotación racional dos bosques.

Factores históricos que influíron na diminución dos espazos forestais:

  • Utilización da madeira ata ben entrado o s. XX como fonte de enerxía: o carbón vexetal
  • Os privilexios concedidos polos Reis Católicos á Mesta dando lugar á cavadura de grandes masas forestais para destinalas ao pastoreo
  • A desamortización do S. XIX puxou extensas áreas forestais, que en moitos casos foron taladas en beneficio da agricultura. Por outra parte esta política significou a perda de espazos forestais de propiedade estatal
  • O desenvolvemento industrial, a expansión do ferrocarril, a explotación mineira, o desenvolvemento urbano… tamén foron actuacións económicas, políticas e/ou sociais que influíron considerablemente no retroceso do bosque.
  • Finalmente hai que destacar a gran cantidade de incendios que determinaron en gran parte a desaparición e degradación dos bosques españois

5) AS PAISAXES AGRARIAS: ATLÁNTICA, MEDITERRÁNEA, DE INTERIOR, CANARIA E DE MONTAÑA

Pódense distinguir os seguintes tipos de paisaxes agrarias en España: atlántico (España humida) ,interior, España mediterránea, de montaña e canario.

mapa-paisajes-agrariosPaisaxe agraria atlántica localízase na España de clima oceánico húmido (Galicia e cornixa cantábrica).

  • A agricultura presenta unha estrutura minifundista, con parcelas de traza irregular e cerramento mediante sebes vivas (bocage). Practícase o policultivo intensivo nas hortas, sendo importante tamén a produción de millo, patacas, fabas, froiteiras e forraxeiras.
  • A gandaría é unha actividade de primeira magnitude. Aproveita a abundancia de prados naturais para desenvolver o gando bovino de aptitude cárnica e leiteira.
  • O poboamento é predominantemente disperso e con núcleos de pequeno tamaño, aínda que moi abundantes.
  • A silvicultura ten un peso económico relevante. Explótanse os bosques caducifolios de carballos e os perennifolios de piñeiros, obténdose madeira, cortiza, resinas, celulosas, etc.

Paisaxe agraria de interior localízase na España de clima continentalizado, isto é, nas dúas Castelas, Estremadura, Andalucía non costeira e val do Ebro.

  • En agricultura son característicos os open-fields (parcelas abertas, sen separación física entre elas) e os latifundios. As especies cultivadas adáptanse á existencia dunha estación seca, de modo que domina a produción cerealística de trigo e cebada en réxime de monocultivo. Non obstante, o regadío desenvolveuse a grande escala nas veigas fluviais, onde se practica unha agricultura intensiva de horta, arroz, forraxeiras e plantas industriais, como a remolacha.
  • Subsiste unha gandaría tradicional ovina e caprina de carácter extensivo, ás veces con raíces históricas na transhumancia. Porcos e touros de lida asócianse á devesa, que, localizadas no oeste peninsular, integran, ademais, explotación agrícola e forestal.
  • O poboamento é concentrado. Os pobos son pequenos ao norte do Texo, aumentando sensiblemente o seu tamaño cara ao sur do devandito río. O casal andaluz é unha forma destacable do hábitat.
  • A silvicultura é unha actividade de escaso peso económico, aínda que se obtén algunha cantidade relevante de madeira de piñeiro.

Paisaxe mediterránea corresponde ao clima homónimo de matiz litoral, que se localiza na costa mediterránea, Baleares e val do Guadalquivir.

  • En agricultura, a estrutura da propiedade máis frecuente é o minifundio e o mesofundio de carácter familiar. A escaseza de precipitacións impón o desenvolvemento a grande escala do regadío, aínda que persisten as explotacións de secaño no interior. Os campos de Lleida, a horta levantina, o val do Guadalquivir e o suleste murciano-almeriense, onde se utilizan invernadoiros, e outras técnicas de cultivo moi avanzadas, son áreas especialmente produtivas. As principais colleitas son de cítricos, amorodos, froiteiras e produtos de horta.
  • A gandaría é unha actividade de menor proxección económica. Destacan a ovina e a caprina de carácter tradicional, que subsiste xunto ao secaño. Cataluña é a primeira produtora nacional de cárnicos.
  • O hábitat tende a ser concentrado, se ben dominou ata hai pouco tempo o disperso. A barraca valenciana e a masía catalá, son, quizais, as formas máis coñecidas de hábitat tradicional.
  • A silvicultura é practicamente inexistente.

Paisaxe das Illas Canarias corresponde ao clima subtropical.

  • A agricultura presenta algúns contrastes. Na costa domina o regadío intensivo en réxime de monocultivo, destinado á exportación, centrado en produtos tropicais (cana de azucre, algodón, tabaco, piña, papaia), plátano, flores, tomates, etc. Na montaña interior son importantes a pataca, o viñedo e outros cultivos de secaño, destinados ao autoconsumo familiar. É frecuente o recurso ao areado e outras técnicas complexas de rego, que tratan de rendibilizar a boa calidade dos nutrientes do chan volcánico aproveitando ao máximo a escaseza de auga.
  • A gandaría é reducida, con presenza nalgunhas illas de cabanas fundamentalmente de caprino.
  • O poboamento vén determinado polo relevo, montañoso e de grande altitude, que determina o dispersamiento.
  • A silvicultura é unha actividade practicamente inexistente.

Paisaxe de montaña está emparentado coa paisaxe agraria da España Húmida, xa que posúe un clima chuvioso, aínda que máis frío, e un relevo de elevada altitude e fortes pendentes.
As súas dedicacións agrarias preferentes son a forestal (haxa, castaño, piñeiro silvestre…) e a gandeira, de vacún de orientación cárnica (bovino e ovino), en réxime extensivo, baseada en unhas pradarías ou prados menos fértiles.
Recentemente adquiriron unha nova orientación económica, a turística ou de ocio, a través da práctica dos deportes de inverno (como os relacionados coa neve) e tamén de verán (sendeirismo e montañismo).

6) A PESCA E OS ESPAZOS PESQUEIROS

O Espazo pesqueiro

O espazo pesqueiro español, ou Caladoiro Nacional, esténdese dende a costa ata as 200 millas náuticas, que delimitan a Zona Económica Exclusiva de pesca (ZEE); encóntrase organizado en oito rexións: noroeste, cantábrica, tramontana, levantina, surmediterránea, suratlántica, balear e canaria. A este espazo tamén se lle denomina augas xurisdicionais.

  • Rexión do Noroeste: Galicia, é a zona máis importante (30% do total). Postos de Vigo e A Coruña. Hai importancia na acuicultura, pesca de altura e mexillón
  • Rexión Cantábrica: portos de Bermeo, Gijón e Santoña (15% do total). Bacallau, pescada, ollomol, peixe sapo e atún.
  • Rexión Suratlántica: portos de Alxeciras, Huelva, Cádiz, Santa María e Barbete. Crustáceos (gambas, lagostinos, cigalas…)
  • Rexión Canaria: porto de Las Palmas, pesca de altura. Sardiñas, desbaldes e polbo.
  • Rexión Surmediterránea: porto de Almería. Anchoa, xurelo e polbo.
  • Rexión de levante: portos de Alicante, Cartagena, Santa Pola e Torrevieja. Lirio, sardiñas e desbaldes.
  • Rexión Tramontana: portos de Castelló e Tarragona. Sardiña e Derrocha.
  • Rexión Balear: porto de Mallorca (pero con pouca achega pesqueira: frota artesanal)

Por volume destacan os peixes de superficie (sardiña), mentres que por valoración económica destacan os de fondo: pescada, pescada, rape, galo, linguado e crustáceos.

A actividade pesqueira

  1. O destino principal da pesca é o consumo humano. Predomina o consumo en fresco, aínda que creceron outras formas: conserva, salgadura e redución (extracción de aceites ou fariñas a partir de refugallos ou peixes en mal estado).
  2. As rexións pesqueiras máis importantes son, en primeiro lugar, a galega, seguida doutras rexións atlánticas: a cantábrica e a suratlántica.
  3. As especies capturadas son peixes en máis dun 90%; o resto son moluscos e crustáceos. Destacan: pescada, anchoa, atún, bonito e sardiña, por esa orde.
  4. A frota pesqueira está integrada por unha frota artesanal, constituída por numerosas embarcacións de pequeno tamaño, que faenan no Caladoiro Nacional e utilizan técnicas de pesca tradicionais, e por unha frota de altura e de grande altura, integrada por buques de gran tamaño, que pescan en caladoiros alleos.
  5. A pertenza española á Unión Europea supuxo a adopción da Política Pesqueira Común -PPC-, que fixa o prezo dos produtos e a adopción das directrices comunitarias en materia de pesca, incluíndo as moi importantes cotas (límite de capturas para cada país) e moratorias (prohibición temporal de capturar determinadas especies ameazadas).

A crise da pesca

1) Os indicadores da crise:

  • O descenso da poboación ocupada na pesca é do 0,25%.
  • A diminución da súa contribución ao PIB, inferior ao 1%.
  • O comercio exterior pesqueiro é moi deficitario. Pola necesidade de importar grandes cantidades de peixe para o consumo.

2) Os problemas da pesca e a política pesqueira

  • A Unión Europea formula as directrices xerais, resúmense en competitividade e sostibilidade, concede axudas a través do FEP (Fondo europeo pesqueiro)
  • O Estado español ten competencias exclusivas na frota e na planificación básica.
  • As comunidades autónomas ten competencias nas súas augas costeiras, denominadas “augas interiores” e no marisqueo e os cultivos mariños.

2.1. O problema dos caladoiros

  • O caladoiro nacional ofrece modestos recursos, pois a plataforma continental é reducida e a sobreexplotación e a contaminación minguaron os recursos.
  • Os caladoiros comunitarios están sometidos a un sistema de cotas fixadas anualmente, para asegurar a sostibilidade das capturas.
  • Os caladoiros internacionais ten restricións. Estas son o establecemento de Zonas Económicas Exclusivas de pesca.

2.2. Problemas demográficos

A poboación ocupada na pesca é escasa, encóntrase envellecida e ten escasa formación. Fronte a iso, fomentase a competitividade e a diversificación do sector, concédense axudas aos mozos pescadores para comprar o seu primeiro barco.

2.3. Problemas económicos

  • A frota pesqueira ten un tamaño excesivo: tras a entrada na Comunidade Europea, iniciouse unha reconversión do sector que inclúe dous tipos de medidas:
  • A redución do tamaño da frota realizouse mediante prexubilacións, despezamentos de barcos, etc.
  • A renovación e modernización da frota contou con fondos europeos.
  • Existe unha escasa diversificación económica dos espazos pesqueiros, que seguen sendo moi dependentes da pesca.
  • É insuficiente o emprego das telecomunicacións e das novas tecnoloxías.
  • Fronte a iso impúlsase a creación de infraestrutura informáticas e a adopción das tecnoloxías da información polas empresas pesqueiras.
  • É preciso mellorar a transformación e comercialización dos produtos pesqueiros e incrementar a participación dos produtores nestas actividades.
  • É necesario adoptar as novas normas de seguridade, sanidade e benestar animal establecidas pola Unión Europea, e controlar a contaminación.
  • Hai que dar resposta ás esixencias de calidade da demanda.

2.4. Problemas sociais

Moitas zonas pesqueiras afectadas pola reconversión do sector teñen problemas de calidade de vida. Para solucionalos, empréndense diversas actuacións.
. A revalorización da pesca conséguese mellorando as infraestruturas pesqueiras, impulsando a acuicultura e concedendo axudas
. A diversificación económica, coa creación de infraestruturas que atraian a outros investimentos e reconversión profesional dos pescadores

2.5. Problemas ambientais

  • A sobreexplotación dos recursos pesqueiros débese ao exceso de capturas e ao uso de artes de pesca indiscriminadas. Para evitalo, repobóanse os caladoiros, prohíbese a pesca de tallas mínimos, establécense cotas de pesca, etc.
  • A contaminación das augas débese ás verteduras de combustibles dos barcos. As actuacións fronte a estes problemas céntranse en evitar as verteduras e na rexeneración das zonas degradadas.

A Acuicultura

A acuicultura é a cría de especies vexetais e animais acuáticos, mariños ou de auga doce. España reúne condicións favorables para esta actividade.

  • A acuicultura mariña na costa cantábrica oriéntase ao cultivo do mexillón, centrado en Galicia
  • A acuicultura continental, de auga doce, céntrase na troita “arcoiris” producida en Galicia, Cataluña e nas dúas Castelas.

Algúns problemas son os elevados custos de instalación e de produción, que reducen a competitividade. Por iso, esta actividade é impulsada pola Unión Europea e España co fin de aumentar a competitividade e a produción.

Advertisements