Prácticas Sector Primario

Neste apartado imos traballas as seguintes prácticas:

  1. Comentario e localización dunha paisaxe agraria e humanizada, a través de fotografía aérea ou outros medios de reprodución.
  2. Mapa de paisaxes agrarios
  3. Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros).
  4. Gráficos e mapas sobre a produción agraria, gandeira ou pesqueira, e poboación ocupada nestes sectores.

PRÁCTICA 1: COMENTARIO PAISAXE AGRARIA

PAUTAS

Para facer un bo comentario dunha paisaxe agraria deberiamos estudalo dende dous puntos de vista: o natural e o humano, para logo rematar explicando as súas posibilidades de futuro (conclusión)

  • O marco natural inclúe tres cuestións: xeomorfoloxía (como é o seu relevo o tipo de chans), clima e vexetación.
  • A humanización da paisaxe. Temos que observar como influíu o home nesta paisaxe. Isto pódese ver en numerosas cousas:
    • O poboamento: tipo de construcións, de urbanismo (concentrado, intercalar, disperso)
    • O sector primario: as parcelas (forma, tipo, separación que nos dará o seu aproveitamento gandeiro –bocage– ou agrícola -openfield), a súa posible mecanización, uso do regadío ou secaño, tipos de cultivos…
    • Outros aproveitamentos (forestal, turístico, minaría -canteiras -) e elementos humanos da paisaxe (as estradas ou ferrocarril daranos as súas posibilidades de comunicación, postes eléctricos…).

Por último deberiamos intentar formular o futuro da zona (conclusión), tanto nas súas debilidades (envellecemento poboación ou éxodo rural, posibles problemas ambientais como a sobreexplotación de acuíferos ou danos visuais, competencia, problemas UE…) como as súas fortalezas (posibilidade de turismo verde, outros cultivos…)

EXEMPLO

PAISAXEAGRARIA Encontrámonos cun val amplo de orixe calcaria (dada a súa cor esbrancuxada), polo que a súa formación será kárstica (un regueiro central que non chegamos a ver pero que podemos intuír polos chopos nus da dereita))

Na súa vexetación natural (ao fondo) observamos un bosque mediterráneo moi degradado (garriga), o que nos indica un clima mediterráneo de escasas precipitacións e fortes contrastes entre inverno e verán.

O poboamento: Só vemos unha parte del na zona esquerda (casas e cemiterio). Podemos supoñer un poboamento concentrado.

O sector primario: Encontramos varias tipoloxías. No fondo do val existen parcelas (medianas e bastante regulares) sen divisións con sebes (openfiled). Os seus cultivos poden ser cereais, moi probablemente de regadío (grazas ao regueiro central). Nas abas encontramos pequenas parcelas dedicadas ao oliveiral. En primeiro termo (dun verde máis brillante, vemos un recente repoboación de piñeiros)

Só encontramos unha pequena estrada que percorre o val, sen outros signos de intervención urbana

Conclusión: Evidentemente vemos unha agricultura pouco evolucionada do centro da Península que moi probablemente se relacionará cunha poboación escasa (con todos os problemas de envellecemento que puido provocar nela, creando unha deseconomía de subpoboación)

Outro problema evidente é a degradación do bosque orixinario que parece intentar combaterse con reforestacións, o cal pode incrementar o seu turismo rural (unha das formas de desenvolvemento posibles).

PRÁCTICA 2: COMENTARIO MAPAS DE PAISAXES AGRARIAS

paisajesagrariosespPreséntasenos para comentar un MAPA das Paisaxes Agrarias de España. Nel, a través de diferentes elementos (sinalados na lenda), reflíctese a diversidade de paisaxes e a súa situación. Realizaremos o comentario seguindo o seguinte procedemento: presentación dos elementos formais, análise dos datos insistindo nas causas e consecuencias da situación que reflicte o gráfico. Finalizaremos cunhas breves conclusións.

1.- Elementos formais

O mapa contén as cinco paisaxes agrarias sinaladas en diversas cores. Destaca pola súa extensión o correspondente ao “interior peninsular” sendo o máis concreto o das Illas Canarias. Todas as paisaxes están insertos nun mapa provincial (trazos máis claros) e autonómico (trazos máis escuros) de España o cal debe facilitarnos a situación de cada un deles.

2.- Análise

As comunidades autónomas onde se localiza a paisaxe agraria da España húmida son Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, o norte de Navarra, Aragón, Cataluña, e Castela e León.

As características principais desta paisaxe están relacionadas co medio físico: un relevo accidentado con escasas superficies chairas que dificulta a actividade agrícola; un clima oceánico con precipitacións abundantes e regulares ao longo do ano, feito que favorece a existencia de prados naturais para o gando en réxime extensivo ou mixto; e unha abundancia de bosques de carballo, faia, piñeiro e eucalipto que permiten o aproveitamento da madeira para a industria do moble ou a obtención de pasta de papel.

No interior peninsular, os secaños extensivos estiveron dominados pola chamada triloxía mediterránea: os cereais, a vide e a oliveira.

No pasado, os cereais, principalmente trigo, cultivados en campos abertos, rotaban con barbeito ou con leguminosas e levaban asociada unha gandaría ovina que pastaba nas restrebas. Ademais, os secaños estaban ocupados por cultivos leñosos como a vide e a oliveira, que aparecían asociados entre si ou a outros aproveitamentos, ou ben como monocultivo.

Na actualidade, o trigo foi substituído en gran parte pola cebada; e o barbeito completo substituíuse polo medio barbeito, que utiliza o xirasol como cultivo de descanso, ou mesmo desapareceu grazas ao regadío e ao uso de aboamentos químicos. Esta tendencia choca coa reforma da PAC, que, para acceder ás axudas, obriga o agricultor a deixar en barbeito, ademais da superficie normal, outra adicional e reduciu considerablemente as axudas ao xirasol. Os cereais predominan en Castela e León, mentres que o oliveiral e a vide cobran importancia en Castela-A Mancha, Aragón e Estremadura. O viñedo destaca en A Rioxa e Navarra pola súa calidade e extensión.

Actualmente, o regadío permite un aproveitamento máis intensivo e permitiu diversificar a produción: plantas industriais como a remolacha azucreira, o lúpulo e o tabaco; as forraxes, como a alfalfa e o millo, para a alimentación do gando; e os cultivos hortofrutícolas que son a bases da industria conserveira en terras rioxanas, navarras e aragonesas do val do Ebro.

3.- Conclusións

a) A diversidade das paisaxes agrarias está explicada fundamentalmente polos factores naturais que opón a España atlántica (cos sectores galego, astur-cántabro e vasco) á mediterránea (interior e costa); ademais hai que engadir a paisaxe agraria das Illas Canarias.

b) A España atlántica: no sector galego existe unha elevada proporción de poboación activa dedicada a este sector, a agricultura é de baixa produtividade e predomina a pequena explotación; no sector astur-cántabro existe maior proporción no uso do chan dedicado á actividade gandeira; no País Vasco a poboación activa dedicada ao primario é moi pequena, tamén predomina a actividade gandeira (agás en Álava).

c) A España Mediterránea interior: predomina a explotación cerealeira na que decreceu o uso do barbeito, coexisten as explotacións gandeiras en zonas de pedemonte con grandes e medias nas zonas centrais e meridionais. En Castela-A Mancha predominan as explotacións de secaño de viñedo, no oeste o principal aproveitamento é o gandeiro extensivo, no val do Ebro alternan o secaño e o regadío en explotacións cerealísticas e de viñedos.

d) España mediterránea costeira: en Cataluña destaca o desenvolvemento gandeiro, a reconversión agraria cara a cultivos hortofrutícolas e a regresión de cultivos como a vide e a oliveira; en Levante existe un regadío especializado con altos rendementos; en Baleares debido á importancia do turismo produciuse o retroceso da agricultura e unha intensificación do regadío; en Andalucía ten unha grande importancia a gran propiedade, o secaño e monocultivo nos cereais e a oliveira, o viñedo nalgunhas bisbarras, e novas técnicas de cultivo como os areados, baixo plástico e acolchados.

e) Canarias: a superficie cultivada é inferior á quinta parte do total, a escaseza de auga é un dos maiores problemas, nas áreas litorais existe agricultura regada, no interior e nas zonas de maior altitude é de secaño, tamén se están a introducir novas técnicas de cultivo como en Andalucía.

Fonte: . Concepción Muñoz-Delgado

PRÁCTICA 3: MAPA DE ESPAZOS PESQUEIROS: DESCRIPCIÓN, CALADOIROS INTERNACIONAIS, ZONA NOROESTE

Regiones pesquerasMapa corocromático – temático de España coa trama das provincias e Comunidades Autónomas no que se reflicten as principais rexións e caladoiros nacionais.

Os principais caladoiros internacionais son: Noruega e Svalbard, Groenlandia, Gran Sol e Atlántico Norte, Terranova, Marrocos, Mauritania e Senegal, Cabo Verde, Guinea – Bissau, Costa de Marfil e Guinea Ecuatorial, Atlántico interior, Angola e Namibia, Costa do Sur de Chile, Illas Malvinas, Illas Seychelles, Illas Comores e Madagascar.

Inclúese todas as costas galegas. É a rexión máis importante, tanto por volume de pesca como polo seu valor. Ten unha importante tradición pesqueira e elevado consumo. Son tamén importantes as actividades derivadas: estaleiros de buques, industria conserveira, empresas distribuidoras…

A evolución en canto á ocupación da poboación activa é semellante a do resto de España, aínda que segue a ocupar un lugar relevante na economía galega.

A redución da poboación ocupada xenera diversos problemas:

  • Problemas sociais nas zonas afectadas. Impulso doutros sectores como o acuícola. Axudas a pesca artesanal en zonas de tradición pesqueira ou intentos de reconversión profesional. Importancia do marisqueo e forte desenvolvemento da acuicutura.
  • Sobreexplotación dos recursos polo exceso de capturas e polo uso de artes de pesca indiscriminadas levou, dacordo coa Política Pesquiera Comunitaria (PPC), ao establecemento de cotas de pesca, paros biolóxicos, etc.
  • Contaminación, especialmente por vertidos de combustibles. Necesidade de rexenerar e diversificar actividades.
Advertisements