Prácticas Galicia

Neste apartado imos traballar as seguintes prácticas:

  • Comentario dun perfil topográfico O – E.
  • Comentario de paisaxes naturais de Galicia (serras orientais, cuncas interiores e tipoloxía das rías).

PRÁCTICA 1: COMENTARIO DUN PERFIL TOPOGRÁFICO O – E

macizo-galaicoComo pode observarse, o relevo galego organízase mediante unha sucesión de bloques elevados e afundidos que presentan un aumento xeral das alturas desde a costa cara ao interior. O relevo presenta fortes contrastes, que orixinan paisaxes moi variadas.

O territorio ten unha altitude media duns 500 metros aínda que algúns cumes superan os 2.000 metros, como pode verso no perfil na Serra Segundeira.

En xeral o territorio galego é unha zona montañosa na que predominan materiais moi antigos formados no Paleozoico: granito e gneis, aínda que ao leste do Miño afloran lousas e cuarcitas. O pregamento herciniano provocou arcos de pregamento e no tardo hercínico unha serie de fracturas. No mesozoico o Macizo Galaico quedou convertido nunha penechaira ou superficie de erosión. Na oroxénese alpina a penechaira fracturouse de novo e formáronse enormes fosas tectónicas (fosa do Sil) e altos bloques ou horst, truncados, xa que foran erosionados anteriormente. Durante o glaciarismo do cuaternario, os glaciares ocuparon as zonas máis elevadas mentres que as vertentes estiveron sometidas a importanes procesos periglaciares (procesos nas áreas marxinais dos glaciares).

No perfil podemos diferenciar as seguintes unidades morfolóxicas:

– A franxa litoral. Galiciacontacon preto de 1700kmde costaque presentaunhagran diversidade paisaxística e ambiental. O carácter abrigado das rías constitúe o trazo máis diferenciador do litoral galego, contrastando con sectores de acantilados de gran crueza, como os da Costa da Morte ou A Capelada e co carácter rectilíneo da rasa cantábrica. As rías son vales de antigos ríos, hoxe anegados e invadidos polas augas mariñas debido a un afundimento da costa ou ben á suba do nivel do mar. A parte suroccidental da costa galega (Rías Baixas) esténdese desde Muros ata a desembocadura do Río Miño. Son rías anchas que encadean zonas acantiladas con numerosos areais, dunas e multitudes de illas.

– Chairas e zonas afundidas como a fosa de Tui-Padrón. Constitúen sectores de menor altitude e establecen a transición entre o litoral galego e o interior montañoso. Pódense distinguir chairas ou zonas afundidas como as de Bergantiños e As Mariñas no norte e, como a que recolle o perfil, a depresión Tui-Padrón ao sur. Estas depresións, con fondo cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe basicamente fluvial, ofrecen interesantes matices climáticos e bioxenéticos e permiten a comunicación entre as zonas marítimas e a zona central da Comunidade.

– Dorsal galega. A dorsal galega, situada ao leste da depresión de Tui, forma, de norte a sur, un conxunto orográfico sinuoso, erosionado de xeito diferencial e con formacións de ollo de sapo (gneis con grandes cristais claros, normalmente de cuarzo, que destacan entre as finas banda escuras de mica). Esta dorsal actúa de divisoria de augas entre a cunca do Miño e os ríos da vertente atlántica. A Dorsal esténdese de norte a sur, aumentando progresivamente en altura desde a serra da Faladoira (700 m.) ata o Faro de Avión (que se aproxima aos 1.100 m). Destacan a serra da Loba, a de Cova da Serpe ao norte, e a serra do Faro, do Suído e Testeiro ao sur.

– Superficie de Chantada. Un dos aspectos máis destacados do relevo galego é a existencia de amplos sectores aplanados, que acentúan o contraste horizontalidade / verticalidade característico na configuración do noroeste peninsular. Así, no interior da provincia de Lugo, entre as serras orientais e a Dorsal Galega, temos a denominada Terra Chá, extensa superfice de erosión que supón unha gran superficie chá, situada entre os 600-700 metros de altitude. Ao sur desta meseta aparecen pequenas cubetas como Sarria-Lemos e a depresión de Ourense con outras adxacentes (Maceda, Limia). As depresións quedan pechadas ao sur polas serras de Larouco, Xurés e Laboreiro.

– Fosas miocénicas, coma a que podemos observar no perfil (Monforte). Trátase de depresións interiores que encadéanse dende o norte (As Pontes de García Rodríguez) ata o sur (Verín) e que foron orixinadas durante os movementos oroxénicos da era terciaria, presentando -como xa apuntamos- unha dirección dominante norte-sur. Como no caso da Fosa de Tui, presentan un fondo cuberto por una capa de materiais sedimentarios de orixe fluvial.

– As serras orientais e surorientais, como a Serra Segundeira. Como podemos observar no perfil, no extremo oriental de Galicia érguese un paredón rochoso creado por un encadenamento de serras, entre as que destacan as serras orientais representadas polas serras dos Ancares e O Courel con altitudes que rozan os 2.000 metros e as serras surorientais, que posúen as maiores altitudes de Galicia (2.124 metros de Pena Trevinca) e que están constituídas polas serras do Eixe, de Queixa, Segundeira e de San Mamede. Desde o punto de vista litolóxico, estas serras formadas durante a oroxénese alpina, na era terciaria, caracterízanse pola súa gran diversidade, con presencia de lousas, cuarcitas, calcarias e pequenas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño, Eo, Navia e Sil, e aos procesos glacial e periglacial, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión devalesecumios coroados fundamentalmente por cristas de cuarcita. Moitas destas serras, constituídas por materiais paleozoicos, presentan formas suaves e redondeadas, cortadas por multidude de fallas, que complican as comunicacións coa Meseta.

– Superficie da Meseta.No seu conxunto,o macizo galaico correspondea un fragmentodo relevo máis antigo da Península afectado polos movementos da codia terrestre e formado por un conxunto de bloques en falla, elevados e afundidos, que deu lugar -como podemos observar no perfil- a un macizo en escaleira. Neste conxunto a erosión encargouse de facer retroceder e suavizar as pendentes montañosas e formou depósitos co material erosionado. O Macizo galaico enlaza na súa vertente oriental, a través dos montes de León, coa princiapal unidade do relevo español, a Meseta, que durante o movemento alpino quedo fracturada en dous grandes bloques. A parte que contacta co macizo galaico é a submeseta norte, extensa planicie que ten unha altitude media de 800-850 metros.

PRÁCTICA 2: RESPOSTA DO EXAME DE SELECTIVIDADE XUÑO 2014

Macizo GalaicosoléAtendendo ao documento, conteste:

a) Cite as unidades identificadas na figura coas letras B, C, E, F).

As unidades identificadas na figura son:

  • B ……….. Depresión Meridiana (ou fosa Carballo -Tui).
  • C ……….. Dorsal Meridiana Galega ou Dorsal Galega.
  • E ……….. Depresións interiores, fosas miocénicas (Monforte, Ourense,…).
  • F ……….. Serras orientais.

b) Identifique e analice o tipo de documento

Estamos diante dun corte/perfil topográfico do relevo galego, con orientación Oeste – Leste, marcando no eixe horizontal a distancia en liña recta ata 250 km. e no eixe vertical a altitude ata 2.000 metros; nel indícanse as principais unidades do relevo, distinguidas por cores. Ademais das altitudes actuais das distintas unidades, reflíctese -en liña de puntos descontinua – o redondeamento da penechaira galega antes da fractura do relevo acontecida durante o Terciario.

c) Comente o tipo de litoloxía e cite exemplos de modelado predominantes nas áreas A e E

Na área A, correspondente ao bloque litoral, predomina o granito que da lugar a un modelado característico desta rocha intrusiva, cristalina e ríxida que pode ser alterada física ou quimicamente (por xelifracción ou conxelación da auga en gretas ou diaclasas; os axentes erosivos poden ocasionar tamen tors, caos de bolas,penedos, a presenza de pedras cabaleiras, etc.). Un exemplo ben característico de modelado granítico atopámolo no Monte Pindo.

Na área E, correspondente ás fosas tectónicas orixinadas despois da oroxénese alpina, acumúlanse depósitos sedimentarios de rochas brandas como as arxilas, facilmente erosionables, con formas como as cavorcos, somontes e acumulación de materiais detríticos, outras veces coincidentes con materiais aluviais depositados en fondos de depresións con estratos horizontais, que producen un relevo con escasa pendente.

d) Explique os episodios oroxénicos que interviñeron na formación do relevo reflectido nesta figura.

O relevo galego actual é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se alternaron fases oroxénicas con outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación.

  1. Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000 – 600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia.
  2. Na era primaria ou Paleozoico (600 – 225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. A cordilleira herciniana, formada por materiais como o granito, lousa e cuarcita, mantivo unha aliñación predominante NO – SE, formando a base do zócolo hespérico que se estende ao Oeste de toda a Península Ibérica.
  3. A era secundaria ou Mesozoico (225 – 68 millóns de anos) foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación, e no que continuou o aplanamento da cordilleira herciniana
  4. Durante a era terciaria (68 – 1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta oroxénese, o zócolo hercínico, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Así, acomodándose á vella rede de fracturas e a outras novas xurdidas como consecuencia do pregamento alpino, fracturáronse os bloques do Macizo Galaico e xurdiron depresións afundidas á beira de horsts realzados.
  5. Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) producíronse o glaciarismo e a sedimentación de depósitos aluviais. En Galicia, o glaciarismo quedou restrinxido aos puntos máis elevados das serras orientais e sudorientais, con pequenos circos de cabeceira. No fondo das depresións, o arrastre fluvial depositou aluvións que as foron colmatando.

PRACTICA 3: COMENTARIO PAISAXES NATURAIS (serras orientais, cuncas interiores e tipoloxía das rías)

ancaresA imaxe corresponde a unha área das serras orientais galegas (Ancares) que está situada ao leste da comunidade e que posúe altitudes que rozan os 2000 metros, dificultando enormemente as comunicacións coa Meseta. Como pode apreciarse na imaxe trátase de serras que teñen un aspecto redondeado polo efecto do glaciarismo. Dende o punto de vista litolóxico, estas serras formáronse durante a oroxénese alpina, na era terciaria, e caracterízanse pola súa gran diversidade, con presenza de lousa, cuarcitas, calcarias e pequenas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos e, como xa comentamos, aos procesos de orixe glaciar e periglaciar, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión de vales e cumios coroados fundamentalmente por cristas de cuarcita.

O espazo natural dos Ancares esténdese por unha área máis extensa, compartido pola Comunidade Autónoma de Castela e León (provincia de León, preto de 56.000 ten) e o Principado de Asturias. Está drenada pola conca do río Navia, con múltiples afluentes (Raio, Ser, Cervantes) e subafluentes (Murias, Xunquiñas, Piornedo, Ortigal, Vara, Brego, Noceda), que discorren de leste a oeste. O rango altitudinal vai dos 460 aos 1.935 m s.n.m., encontrándose unha boa parte do cordal suroriental arredor ou por enriba dos 1.800 m s.n.m. (Mostallar, Corno Maldito, Tres Bispos, Penarrubia).

Pertence á Rexión Eurosiberiana. O subsector corológico correspondente (Coureliano-Ancarense) é case exclusivo destas montañas suroriental de Lugo. O seu dominio climático é o oceánico de montaña, con precipitacións medias anuais de 2.042 mm (a media altitude) e temperatura media de 8º C (aínda que a media das mínimas invernais pode roldar os 2º C baixo cero e os 4º C a media anual dos cumios), unha media de 157 días libres de xeadas e frecuente, aínda que irregulares, precipitacións en forma de neve entre novembro e abril.

En conxunto, a masa arbórea autóctona é posiblemente a máis extensa e mellor conservada de Galicia, coas súas mellores representacións nos vales dos ríos Ortigal, Vara e Brego. Tamén existen algunhas plantacións forestais de piñeiros. Arredor da metade da superficie do espazo natural está ocupada por diferentes tipos de matogueiras e monte baixo, que predominan en abas de solaina e nos cumios. Na parte setentrional do espazo natural (Murias-Rao), a escasa influencia mediterránea faise notar na presenza de sobreiras e albedros. A vexetación arbórea é particularmente diversa, variando segundo a orientación dos montes e o gradiente altitudinal. Asociados á presenza de aldeas e aos cursos de auga, nos fondos de vales e abas baixas hai soutos de castiñeiros, bosqueres de abeleiras e arboredo ripario. A maior altura (ata uns 1.000 m de altitude) e en forte pendente, predominan as carballeiras de carballo melojo nas vertentes de solaina, alternando con breixeiras de Erica arborea, mentres que nas avesedas aparecen os bosques montanos máis extensos e variados, dominados por carvallos e carballos albares, acompañados de abeleiras, carballos meloxos, freixos, pradairos, etc., cun sotobosque rico en arandos, entre outras moitas especies. Entre os 1.000 e os 1.800 m encóntranse os acebais, algúns moi extensos, e os abedulares, acompañados de cancereixos e teixos, con estratos arbustivos e herbáceos bastante densos. A partir dos 1.700-1.800 m desaparece a vexetación arbórea, que é substituída por formacións de breixos branco, piornos, toxos e xenebreiros rastreiros, xuntamente con diferentes pasteiros asociados a chans esqueléticos e pedregais. En vales de orixe glaciar desenvólvese unha vexetación propia de zonas higroturbosas (breixeiras higrófilas, cervunales, etc.).