Teoría bioxeografía

1) Factores da diversidade bioxeográfica.

A vexetación ou flora é o conxunto de especies vexetais dun territorio. Na terra existen grandes conxuntos florais, denominados reinos florais, que se subdividen en rexións.

Conxuntosflorais

A Península Ibérica forma parte do reino holártico e consta de tres rexións florais: a rexión boreoalpina (zona máis elevadas de montañas); a rexión eurosiberiana (norte da Península e algúns sectores do Sistema Ibérico) e a rexión mediterránea (resto da Península). En Canarias atópase tamén a rexión macaronésica.

rexionsfloraisespaña Factores físicos

A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España. Esta maniféstase tanto nas características do relevo, os contrastes climáticos e hídricos, e a distribución dos solos, como nas diversas adaptacións ao medio que realizaron os seres vivos.
Á súa vez, a actividade humana tamén influíu nos solos, na vexetación e na fauna; unhas veces favorecendo o desenvolvemento de determinadas especies, e outras poñendo en perigo a súa supervivencia. Non obstante, e malia a intensa e secular explotación dos recursos, España é actualmente un dos países da Unión Europea onde a biodiversidade é máis elevada.
  • Situación xeográfica: Canto á situación xeográfica de España, esta localízase entre o norte de África e o extremo suroccidental de Europa e, á súa vez, entre o Mediterráneo e o Atlántico. Esta situación permítelle ter influenzas de ámbitos con características climáticas, florísticas e faunísticas moi diversas, como son as rexións eurosiberiana, mediterránea e macaronésica.

Durante as glaciacións cuaternarias, amplos sectores da península ibérica e dos dous arquipélagos tiveron unhas condicións máis cálidas que as do centro e norte de Europa, polo que serviron desta forma de refuxio a numerosas especies vexetais e animais. Algunhas destas especies, desaparecidas actualmente do resto de Europa, aínda perduran en determinadas rexións españolas. Á súa vez, moitas quedaron illadas e evolucionaron, de tal xeito que deron lugar a endemismos, dos que España posúe un amplo patrimonio (o drago canario, algúns fentos da rexión atlántica,..).

As penínsulas do sur de Europa, así como algúns arquipélagos son as rutas máis empregadas polas aves para desprazárense entre Europa e África. Grazas a súa localización, España representa un papel esencial nas rutas das aves migratorias, ben como área de nidificación de numerosas especies, punto de invernada, ou simplemente como zona de descanso.

  • Relevo: A existencia dun relevo moi contrastado, entre chairas e montañas, áreas costeiras e de interior, zonas continentais e arquipélagos, que multiplica a variedade de condicións ambientais. A iso súmase a diversidade litolóxica, onde rochas de diferente composición, cronoloxía e grao de meteorización favorecen a formación de distintos tipos de solos e, con iso, de diferentes condicións para que se instale a vexetación e a fauna.
  • Clima: Unhas condicións climáticas moi diversas con notables constantes entre as rexións de clima mediterráneo e oceánico, e entre estas e as que se dan no arquipélago de Canarias. Ademais, tanto no territorio peninsular como nos arquipélagos hai unha gran diversidade de climas locais, en función da altitude dos territorios e a súa diferente exposición ás masas de aire.
  • Recursos hídricos: A distribución dos recursos hídricos, moi desigual en España, tanto espacial coma estacionalmente, inflúe na localización da flora e a fauna:
    • Nas rexións de clima oceánico ou en numerosas áreas de montaña, a auga achegada pola precipitación supera a que é consumida pola e vaporación, polo que un volume considerable pode circular polos ríos.
    • En contrapartida, nas rexións mediterráneas e en amplos sectores de Canarias, a maior parte da auga de chuvia evapórase ou é empregada polos seres vivos, por estas causas, na maioría dos casos, os cursos de auga só se activan tras as chuvias torrenciais. Moitas especies desenvolveron mecanismos para adaptarse a estes contrastes.
Acción antrópica
A incidencia da actividade humana sobre a biodiversidade tivo consecuencias de diferente signo:
  • Nunhas ocasións contribuíu á diversificación de ecosistemas – por exemplo, mediante algunhas prácticas agrarias -, ou á conservación dalgunhas especies, sobre todo aquelas das que se podía beneficiar.
  • Noutras, en cambio, favoreceu a súa extinción.
Na actualidade, existen notables contrastes entre áreas intensamente explotadas durante séculos, e outras que, ao quedaren nunha posición marxinal dos fluxos económicos, preservaron boa parte da súa biodiversidade.
Nas últimas décadas, o número de especies ameazadas incrementouse significativamente; sobre todo, o daqueles que se atopan en perigo de extinción. O maior número de especies ameazadas rexístrase entre as aves, seguidas da flora e, a maior distancia, dos mamíferos e os reptís. Este incremento está moi vinculado á expansión de actividades humanas que implican, directa ou indirectamente, a destrución de hábitats e a contaminación do medio. Non obstante, este proceso coincide no tempo cunha etapa en que se están desenvolvendo numerosas estratexias de conservación, polo que cabe esperar que, nun futuro próximo, se reduza o grao de ameaza.

2) Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña.

pvapvmpvmopvmo2pvca

3) O solo: composición e valor do solo.

O solo é a parte da superficie terrestre onde entran en contacto os materiais inertes da litosfera e a materia orgánica. Estes materiais, orgánicos e inorgánicos, acumúlanse en diferentes capas, que adquiren características propias e diferenciadas. Os solos están en continua evolución. Pasan por unha serie de etapas comparables ás dun ser vivo:

Nacemento: No momento en que o substrato comeza a descompoñerse e as partículas se depositan.

Desenvolvemento: O solo vai aumentando de grosor e adquirindo unhas características propias.

Madurez: Fase na que alcanza o climas da súa evolución.

Deterioración: Cando as condicións da zona provocan a súa progresiva destrución.

Morte: Cando o solo foi totalmente erosionado e desapareceu.

fasessolo

A evolución do solo vén determinada pola actuación conxunta dunha serie de factores:

๏  A rocha nai: é o substrato mineral a partir do cal se forma o solo. Inflúe na súa cor, textura, estrutura, permeabilidade e acidez. Dependendo da rocha nai, os solos poden ser silíceos (soltos e permeables), calcarios (pastosos e permeables) e arxilosos (compactos e impermeables).

๏  O clima: é o factor máis importante. As temperaturas e as precipitacións inflúen nos seus procesos químicos e biolóxicos. Unha gran cantidade de chuvias, por exemplo, provoca unha excesiva lixivación (arrastres dos elementos da capa superficial cara as capas baixas dos solos) e empobreceos. Atendendo ao clima, os solos poden ser zonais ou cliímax (cando a súa orixe está estreitamente ligada ao clima) ou azonais e intrazonais (cando dependen doutros factores).

๏  A topografía: nas zonas chairas acumúlanse solos grosos mentres que as pendentes fortes favorecen a erosión e o movemento dos solo.

๏  Os seres vivos: Determinados tipos de especies vexetais protexen ou enriquecen os solos, como por exemplo as árbores de folla caduca, que aportan materia orgánica, ou as leguminosas, que proporcionan nitróxeno. Outras, en cambio, empobréceno, como as coníferas ou, sobre todo, os eucaliptos, que o fan máis ácido. Ademáis, os animais como as lombrices, os roedores e os insectos removen a terra favorecendo a aportación de osíxeno.

 A idade do solo: Un solo necesita moito tempo para formarse e evolucionar. O proceso é moi lento. Son necesarios séculos para que poida formarse un solo dun grosor apreciable. De maneira similar a un organismo vivo, os solos novos aínda non tiveron tempo para desenvolverse, mentres que os solos vellos adoitan estar en proceso de deteriorización.

๏  A influencia humana: Historicamente, a acción antrópica foi un factor negativo, de destrución de solos, a causa dunha explotación excesiva e a miúdo irracional do medio. Por fortuna, cada vez é maior a preocupación pola conservación dos solos, e as actividades humanas tenden cara á proteción dun ben tan fácil de destruir coma díficil de formar.

O solos están constituídos por capas individualizadas polas súas características físicas, químicas e biolóxicas. Cada capa é un horizonte e o conxunto de horizontes constitúe o perfil do solo.

horizontesdosolo

Os solos podémolos clasificar en:

Solos zonais

a) Os solos de clima oceánico: son evolucionados, ricos en materia orgánica e ácidos, xa que as chuvias constantes arrastran as bases da superficie aos estratos inferiores. A acidez refórzase cando a rocha nai é silícea, e cando a vexetación natural se sustitúe por especies como o piñeiro ou eucalipto. Todos os solos ácidos requiren fertilizado para o seu aproveitamento agrícola.

✦  Sobre rochedo silíceo: a acidez do solo increméntase:

➡ A terra parda húmida é o tipo dominante. Con topografía favorable é unha excelente terra para o cultivo. A acidez contrarrestase con cal.

➡ Os rankers sitúanse nas zonas máis altas ou pendentes. Están sometidos a unha forte erosión. Non son aptos para o cultivo.

✦ Sobre rochedo calcario a aridez do solo é menor.

➡ A terra parda calcaria é o tipo dominante. Da excelences rendementos en cultivos como o millo.

➡ A terra fusca aparece sobre calcarias duras e en zonas montañosas. A sáa principal dedicación é o forestal.

b) Os solos de clima mediterráneo atópanse moi alterados pola erosión e pola acción do home.

✦ Sobre rochedo siliceo o tipo máis característico é a terra parda meridional, un solo pobre pola súa aridez, con escaseza de humus e estrutura solta, que o fai doadamente erosionable. Dedícase a devesas de aciñeiras e pasteiros pobres.

✦ Sobre rochedo calcario, que son os dominantes, os solos teñen un horizonte arxiloso, que resulta da lenta disolución da calcaria.

Os solos azonais

Non teñen un perfil ben definido, por ser novos, ou por estar situados en pendentes demasiado pronunciadas.

Os solos intrazonais

Teñen un perfil ben definido, que contrasta co do solo do contorno pola influencia de factores locais distintos do clima. Os solos intrazonais máis habituais en España son:

  • Pardo-calcarios e rendzinas sobre calcarias con abundante contido en carbonato cálcico. Permiten cultivos leñosos, cereais e leguminosos.
  • Aluviais nas beiras dos rios
  • Encharcados nas zonas endorreicas.
  • Areentos
  • Salinos das marismas e das zonas onde a elevada evaporización fai precipitar os sales contidos na auga.
  • Volcánicos