Práctica Bioxeografía

Neste apartado imos facer as seguintes prácticas:

  • Mapas de distribución de carballo, sobreira, faia e aciñeira.
  • Gráficos comparativos de cliseries.
  • Mapa de rexións bioxeográficas.
  • Comentario dunha imaxe de paisaxe natural: mediterránea, de montaña e das illas Canarias.

PRÁCTICA 1: MAPA DE DISTRIBUCIÓN DE FAIA, SOBREIRA, CARBALLO E ACIÑEIRA

 

DISTRIBUCIONVEXETAIS

FAIA

É un mapa da península ibérica corocromático que representa a extensión superficial da faia.Trátase dun mapa  temático  cualitativo  (define cualidades non relacionadas con cantidades) que é o tipo de mapa máis utilizado en xeografía física. A escala de medida é nominal.

Aparece no mapa a superficie das faias: a faia esténdese pola rexión eurosiberiana (tamén atlántica) no bosque temperado oceánico caducifolio, e tamén na cordilleira pirenaica ata unha altura de máis de mil metros (a rexión boreoalpina comezaría a partir dos 1.200 – 1.300 m);

Hai tres factores básicos que determinan a extensión da faia. Son as precipitacións, os solos e a altitude, coa súa influencia sobre a temperatura.

A faia (Fagus sylvatica) pertence á rexión eurosiberiana de bosque caducifolio. Forma un bosque pechado con escaso sotobosque. Tolera mal a calor e ben o frío, polo que medra mellor na cordilleira Cantábrica nas abas orientadas cara ao Norte; adáptase ben a áreas de elevada pendente e altitude entre 300 e 1.700 m. Na rexión atlántica, a faia combínase en bosques mixtos con carballos e coníferas. Necesita grande humidade, de aí a súa extensión no mapa pola cordilleira Cantábrica e os Pireneos. Prefire os solos calcarios pero adáptase aos silíceos. Este factor e tamén visible no mapa.

A madeira da faia é moi apreciada na carpintería interior, mobiliario e ebanistería. Con ela fabrícanse portas, tarimas, frisos, molduras, chapas decorativas e taboleiros contrachapados industriais.

A vexetación clímax constituída por especies autóctonas como a faia está en retroceso por mor da acción antrópica; reduciuse á superficie a causa da sobreexplotación agrícola (roturación, sobrepastoreo…) e da substitución por outras especies de maior rendibilidade económica e máis rápido crecemento.


SOBREIRA

É un mapa da península ibérica corocromático que representa a extensión superficial da sobreira.Trátase dun mapa  temático  cualitativo  (define cualidades non relacionadas con cantidades) que é o tipo de mapa máis utilizado en xeografía física. A escala de medida é nominal.

A sobreira sitúase na rexión mediterránea caracterizada polo bosque perennifolio e a matogueira.

Hai tres factores básicos que determinan a extensión da sobreira. Son as precipitacións, os solos e a altitude, coa súa influencia sobre a temperatura.

A sobreira (Quercus suber) esténdese pola rexión mediterránea, caracterizada desde o punto de vista climático por una estación seca e calorosa (prefire áreas con temperaturas medias superiores aos 18 graos C e climas que superen os 40 graos C de máxima); precisa máis de 500 mm de precipitacións ao ano (o ideal da sobreira está entre 600 e 1.000 mm anuais, inda que se adapta a climas con máis de 400 mm de precipitación anual; de aí a súa extensión en Estremadura e no occidente da Península). Tampouco tolera invernos fríos e prefire solos silíceos como os existentes no Oeste da Península. Sobreira e aciñeira forman o bosque típico mediterráneo, o bosque esclerófilo.

A sobreira de copas anchas e troncos leñosos (que poderían durar séculos e acadar alturas notables, de ata 20 m) está en retroceso por mor da acción antrópica; reduciuse á superficie a causa da sobreexplotación agrícola (roturación, sobrepastoreo …) e da substitución por outras especies de maior rendibilidade económica e máis rápido crecemento. Estes bosques foron moi transformados pola actividade humana agraria no pasado, e urbana e industrial na actualidade. A degradación do sobreiral dá lugar á formación de matogueiras como maquias e estepas.

A madeira dura e densa da sobreira foi utilizada para a fabricación de toneis e barcos. Os froitos da sobreira son moi apreciados pola súa landra para a alimentación do gando. Pero a cortiza é o principal aproveitamento da árbore. Esta cortiza tiña como función protexer a árbore dos incendios e pódese extraer cada nove anos. Utilízase para a fabricación de tapóns, colmeas, parquets, illantes, calzado etc. En Estremadura, a preparación da cortiza é una das principais actividades industriais.


CARBALLO

É un mapa da península ibérica corocromático que representa a extensión superficial do carballo .Trátase dun mapa  temático  cualitativo  (define cualidades non relacionadas con cantidades) que é o tipo de mapa máis utilizado en xeografía física. A escala de medida é nominal.

O carballo non soporta veráns calorosos, ten menor tolerancia ao frío e esixe menos humidade que a faia, polo que se sitúa a alturas máis baixas. O seu crecemento é lento. A súa madeira, dura, emprégase para a construcción e para fabricar mobles e barcos. As áreas máis extensas de carballo atópanse en Galicia e na cordilleira Cantábrica. O castiñeiro é unha formación vexetal secundaria que gañou terreo a custa do carballo, pois permite o aproveitamento do seu froito e da súa madeira.

Ao longo do tempo desapareceron extensas áreas de bosque caducifolio. As causas foron a perda dos usos tradicionais da súa madeira na construcción e na fabricación de apeiros; a substitución da leña polo gas, o gasóleo ou carbón na calefacción rural; as queimas incontroladas para a obtención de pastos, e os incendios forestais. Na actualidade repoboáronse grandes extensións con árbores de crecemento rápido e bo aproveitamento económico, como o piñeiro (madeira e resina) e o eucalipto (celulosa e pasta de papel). Estas repoboacións foron moi criticadas porque as follas de ambas as dúas árbores colaboran a acidificación e empobrecemento do solo, e son especies que arden con máis facilidade en caso de incendio.


ACIÑEIRA

É un mapa da península ibérica corocromático que representa a extensión superficial da aciñeira. Trátase dun mapa temático  cualitativo  (define cualidades non relacionadas con cantidades) que é o tipo de mapa máis utilizado en xeografía física. A escala de medida é nominal.

O bosque perennifolio está formado por árbores de mediana altura, con troncos non rectilíneos, grosos e rugosos, e folla perenne. As súas ramas cren copas globulares e amplas, que proxectan sombra o solo para mitigar a insolación e a evaporación. As especies máis características son a aciñeira e a sobreira. Posúe un rico sotobosque, xa que as árbores se sitúan algo apartadas unhas doutras, e a luz penetra con facilidade.

A aciñeira é a árbore máis característica e estendida do clima mediterráneo. É resistente á seca e adáptase a todo tipo de solos. A súa madeira, moi dura e resistente, empregábase tradicionalmente para a elaboración de rodas, carpintaría exterior, utensilios e carbón, e o seu froito, a landra, para alimentar o gando. Os bosques de aciñeiras mellor conservados atópanse en Serra Morena, en Estremadura e na serra de Guadarrama.

PRÁCTICA 2: GRÁFICOS COMPARATIVOS DE CLISERIES

Unha cliserieé un gráfico que representa o escalonamento da vexetación en función da altura e orientación dunha montaña ou sistema montañoso. Nela soe representarse a vexetación natural ou climácica, eludíndose en grande medida a vexetación antrópica introducida sobre todo mediante as repoboacións forestais.

As causas do escalonamento en altura están relacionadas coa variable climática da redución da temperatura (gradiente adiabático) nunha media de 0,6 C cada 100 m de altura. A altitude determina tamén a concentración das precipitacións nun tramo determinado da montaña, alí onde a saturación do aire orixina maior cantidade de metoros (choiva, saraiba,…). A partir de determinada altura, a precipitación tende a reducirse ou producirse en forma de neve. Outro factor que determina as variacións de pisos vexetais é o relativo á edafoloxía, sobre todo no que ten que ver coa pendente (a maior pendente, menor profundidade de solo), motivo polo que nas altitudes máis elevadas o grosor do solo é escaso e a posibilidade de medrar os pisos arbóreos redúcese máis.


Cliseries da Península Ibérica

cliseries_espana1


CLISERIE DOS PIRENEOS

pirineosNa cliserie dos Pireneos distinguimos o seguinte escalonamento:

a) Piso basal (ata os 1.000 m): prolongación da vexetación existente nas áreas contiguas, cun lixeiro contraste entre as vertentes setentrionais (umbrías), máis húmidas e nas que florece o bosque caducifolio de carballos –quercus robur-, e as meridionais (solleiras), onde progresan os bosques perennifolios de aciñeiras –quercus ilex- e matogueiras arbustivas-maquis, garrigas- de carácter mediterráneo.

b) Piso montano (de 1.000 a 1.500 m): o carácter húmido deste piso e o predominio dos solos calcáreos facilitan a abundancia de faias –fagus sylvatica- na vertente de umbría; na solleira, a maior sequedade ambiental facilita a introdución de queixigos –quercus faginea– ata niveis onde aparecen os piñeiros – que na parte sur son sobre todo pinus halepensis. En todo caso, percíbese o contraste entre un bosque máis higrófilo na vertente setentrional e outro máis xerófilo na vertente meridional.

c) Piso subalpino (de 1.500 a 2.500 m): é o piso de coníferas perennifolias, máis adaptado á humidade e ao frío na vertente de umbría -razón pola cal nesta vertente progresan os abetos ou abies alba– e chegan ata maior altura os piñeiros -moitas veces pinus sylvestris nesta vertente setentrional. O piso de coníferas chega a menor altura -como consecuencia da maior xerofilia- e é menos variado -con predominio da variedade pinus halepensis ou piñeiro mediterráneo- na vertente de solleira.

d) Piso alpino (de 2.500 a 3.000 m): é o piso de matogueira, no que a menor profundidade do solo e a baixada das temperaturas dan lugar a unha vexetación criófila de matogueira (maquis ou garriga segundo sexan solos silíceos ou calcáreos) na que xestas e breixos exemplifican o piso arbustivo, o único que medra nestas condicións de baixa temperatura, rarefacción das precipitacións e escasa profundidade do solo.

e) Piso nival (por enriba dos 3.000 m): piso cuberto permanentemente de neve ou sen solo, coa rocha nai ao descuberto, no que non medra a vexetación. Este piso, característico das montañas alpinas, foi cabeceira dos glaciares en época de glaciación, máis hoxe a reserva nival que atesoura tende a descender por mor do quentamento climático. (Fonte: O Blog de Xosé Antón)


CLISERIE DO TEIDE

teideNa cliserie do Teide distinguimos o seguinte escalonamento:

a) Piso basal (ata os 1.000 m): prolongación da vexetación existente nas áreas contiguas, con predominio da vexetación xerófila de matogueira (tabaibas e cardóns) endémica da rexión macaronésica, á beira doutras especies arbóreas ben adaptadas á sequedade, de carácter perennifolio e porte arbóreo (as sabinas, pertencentes ao xénero juniperus, que progresan ata os 1.000 m de altitude), incluíndo endemismos como o drago canario.

b) Piso montano (de 1.000 a 1.500 m): velaquí o dominio do bosque de lauráceas, húmido e inserto nas vertentes setentrionais das illas canarias de maior altitude, alí onde o mar de nubes aporta, coa permanente afluencia de alisios, unha humidade que permite a densificación dun sotobosque de fieitos e a exuberancia dun bosque perennifolio no que os loureiros son árbores ben significadas. Nas vertentes de solleira, onde o mar de nubes non afecta, onde a xerofilia é constante, a laurisilva é sustituída polo piñeiro, unha conífera máis resistente á carencia de precipitacións.

c) Piso subalpino (de 1.500 a 2.500 m): é o piso das coníferas canarias endémicas (pinus canariensis, dun porte en torno aos 20 m de altura), mellor adaptadas á ausencia de precipitacións.

d) Piso alpino (de 2.500 a 3.000 m): é un piso de temperaturas máis extremas e precipitacións febles, nas que as xestas,os codesos e as violetas do Teide progresan como especies leguminosas.

e) Piso nival (por enriba dos 3.000 m): piso cuberto permanentemente de neve ou sen solo, coa rocha nai ao descuberto, no que non medra a vexetación. Este piso está na estación máis fría cuberto de neve, se ben a acumulación da mesma tende a reducirse por mor do quentamento climático. (Fonte: O Blog de Xosé Antón)

PRÁCTICA 3: MAPA DE REXIÓNS BIOXEOGRÁFICAS

BIOXEOGRAFICASO documento cartográfico que se nos presenta clasificámolo como un mapa temático de coropletas que determina a localización, extensión e distribución dos dominios bioxeográficos de España. Está representado xeograficamente por medio dunha escala de cores.

Os dominios bioxeográficos tamén chamados ecozonas representan grandes extensións da superficie terrestre onde flora e fauna se desenvolven relativamente illados durante longos períodos e mantéñense separados uns doutros fisicamente. Este illamento débese a certos elementos ou factores xeolóxicos, climáticos e hídricos que forman barreiras entre as devanditas rexións bioxeográficas.

O documento que se nos presenta ofrece a distinción de tres dominios bioxeográficos para a clasificación de especies florísticas pertencentes á Península e arquipélagos:

  • Dominio Atlántico: Macizo Galaico, Cordilleira Cantábrica, Sistema central e Sistema Ibérico.
  • Dominio Mediterráneo: resto da península: zona interior (execept.áreas ocupadas polo dominio atlántico), litoral mediterráneo e Baleares.
  • Rexión Macaronésica: Illas Canarias.

 A diversidade bioxeográfica de España é o resultado da intervención dos diferentes factores que a determinan. Os principais factores son:

  1. A situación xeográfica de España que lle permite ter influencias de ámbitos con características climáticas, florísticas e faunísticas diversas, así como a aparición de endemismos e un aumento desta diversidade grazas á influencia das rutas de aves migratorias.
  2. A situación xeográfica implica, á súa vez, a existencia dun relevo moi contrastado, a diversidade climática e a desigual distribución dos recursos hídricos.
  3. Por outro lado a actividade humana afecta á devandita biodiversidade con incidencias positivas (diversificación e conservación de especies) e negativas por medio da extinción destas.

A combinación dos factores anteriores na análise dos diferentes tipos de áreas bioxeográficas permítennos comprender a distribución destes dominios bioxeográficos de España que, en resumo, poderiamos reducir a dominio mediterráneo de fachada oceánica para o conxunto peninsular e rexión macaronésica para as Illas Canarias.

PRÁCTICA 4: COMENTARIO PAISAXE NATURAL

PAUTAS PARA UN COMENTARIO DUNHA PAISAXE NATURAL.

1) Análise dos elementos naturais:

  • Relevo: Formas de relevo (montaña, llanura, costa, …). Formas do modelado (granítico, calcáreo, arxiloso, produto da erosión …).
  • Vexetación: Tipos (bosque, matogueira, prado …), especies, extensión, distribución,…
  • Chans: Tipos, calidade.
  • Augas: Tipo (mar, ríos, arroios, acuíferos…), localización, réxime e caudal dos ríos.
  • Clima: Deducilo dos apartados anteriores.

2) Localización xeográfica da paisaxe: En base aos elementos naturais analizados, localizar aproximadamente a paisaxe presentada

3) Interrelacións entre o medio natural e a actividade humana: Analizar as influencias entre o medio (relevo, vegetación, chans, augas, clima) e o ser humano (posible aprovechamiento de recursos). No caso de que a paisaxe sexa estrictamente natural, evaluar o posible impacto das actividades humanas no medio e as medidas e políticas de protección e conservación medioambiental.

EXEMPLO

ParamoA fotografía mostra unha paisaxe natural que se pode definir como o resultado da combinación no espazo dos diferentes elementos que integran o medio natural: relevo, vexetación, chan, as augas e o clima e as súas interrelacións coa actividade humana.

A paisaxe que observamos é unha extensa chaira, estrutura típica de conca sedimentaria, con predominio de materiais brandos, arxilosos, estratos sedimentarios dispostos de forma horizontal nos que a erosión fluvial determinou un modelado suave de páramos, pequenos outeiros ou relevos de carácter residual, de amplos vales e chairas. Terreo que non foi afectado por pregamentos posteriores ( formáronse a finais do Terciario e no Cuaternario) . A súa erosión é rápida, debido á blandura dos materiais ( arxilas, margas, xesos, calcareas). Os ríos abren vales que separan estruturas horizontales que pronto se desgastan pola erosión dando lugar a relevos suavemente ondulados.

Este tipo de relevo pode atoparse nas concas sedimentarias meseteñas e nas depresións do Ebro e do Guadalquivir.

En canto aos recursos, os chans arxilosos son os máis fértis de España e empréganse para todo tipo de cultivos ( dependendo das características climáticas da zona) son predominantes na área climática mediterránea continentalizada (a medida que diminúen as precipitacións – mediterráneo litoral e estepario-) a aridez determina chans mais duros e menos apropiados para o cultivo.

O clima mediterráneo continentalizado presenta escasas precipitacións ( – 800 mm anuais) con seca no verán e con amplitudes térmicas importantes. A vexetación predominante será o bosque de folla perenne, aciñeira, sobreira ( moi degradados) e matogueiras mais ou menos densas e discontinuas ( maquia e garriga). Tamén se pode observar a vegetación propia da ribeira.

Os elementos naturais desta paisaxe presentan importantes recursos, facilidades para a súa explotación, polo tanto as interrelacións entre o medio natural e a actividade humana é importante como o mostra o feito da desaparición case completa da vexetación natural debido ás roturaciones destinadas a crear terras de cultivo.

As características do relevo facilitará doutra banda as comunicacións e o desenvolvemento de pobos, o hábitat concentrado propio da España rural do centro e sur peninsular, precisamente polo seu carácter rural irá perdendo poboación, a disminución destas actividades ( disminución do traballo agrícola e ganadero, abandono de terras) poden producir nun futuro cambios significativos nesta paisaxe.