Teoría Hidrografía

1) INTRODUCIÓN

A auga é un elemento fundamental para a vida. Esta nace nun medio acuático e todos os seres vivos a necesitan para vivir. Ademáis ten múltiples usos en todas as actividades humanas: agricultura, enerxía, industria, ocio, consumo doméstico e transporte. A auga, pois, convertese nun recurso.

Na Terra, a auga atópase en diversas formas e lugares que podemos clasificar do seguinte xeito:

Clasificación das augas

Tipo

Localización

Estado

Son

Oceánicas (98%)

Salgada

Superficie

Sólido

Banquisa (xeo mariño)

Líquido

Océanos e mares

Continentais (2%)

Doce

Superficie

Sólido

Glaciares

Líquido

Ríos e lagos

Gasosa

Atmosfera

Subterránea

Líquido

Acuíferos

2) CONCAS HIDROGRÁFICAS E TIPOS DE RÉXIME FLUVIAL

Ao estudar este apartado temos que ter claro que cada río da península forma parte dunha conca e que cada conca forma parte dunha vertente. Aclaramos conceptos:

  • Río: É unha corrente continua de auga, máis ou menos caudalosa, que desemboca no mar, noutro río ou nun lago.
  • Conca: Conxunto de terras e de acuíferos que aportan as súas augas ao curso dun mesmo río.
  • Vertente: Mar onde desembocan o río das diferentes concas. Exemplo: o río Miño, pertence á conca do Miño – Sil e á vertente atlántica.

demarcaciones-hidrograficasVaiamos analizando cada un dos elementos dun xeito independente:

Os Ríos

Os ríos son correntes continuas de auga, máis ou menos caudalosa,que desemboca no mar, noutro río ou nun lago. Posúen as seguintes partes:

Nacente: orixe do río.

Curso: distancia entre a nacente e desembocadura.

Curso Superior: ten a pendente máis pronunciada polo que o desprazamento das augas é rápido provocando unha erosión en sentido vertical dando lugar a vales en forma de V.

Curso Medio: ten pendente menos pronunciada producindo unha erosión horizontal, así o val ensánchase.

Curso Inferior: ten unha pendente suave provocando un proceso de depositación (sedimentación) xa que as augas perden forza.

Canle: Cavidade pola que corre a auga.

Desembocadura: espazo polo cal o río verte as súas augas.

Caudal: Cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do río. Mídese en m3/seg en estacións de capacidade instaladas en diversos puntos do seu curso. Temos que distinguir entre:

✓ Caudal absoluto: volume total de auga que evacúa un río ao longo dun ano, medido en hm3.

✓ Caudal medio ou módulo: valor medio do caudal dunha serie de, polo menos 30 anos.

✓ Caudal relativo: relación entre o cuadal medio anual (módulo) e a superficie da conca fluvial. Exprésase en l/seg/km2. e serve para comparar ríos.

O caudal vai experimentar variacións:

Ao longo do percorrido: o tramo con maior caudal adoita ser a desembocadura, onde se acumula as achegas dos diversos afluentes, agás nos casos onde existe forte evaporación, inflitración ou un elevado consumo humano. Na Península os ríos máis caudalosos son o Ebro, Texo e Douro.

Ao longo do tempo: o caudal pode presentar irregularidade anual con enchentes ou estiaxes. Entendemos por enchente o momento de máximo caudal dunha corrente de auga, e por estiaxe o momento de caudal máis baixo dunha corrente de auga.

Réxime fluvial: É a variación estacional do caudal dun río durante un ano. Esta variación depende, maioritariamente das condicións climáticas polo que establecéronse diferentes tipos de réxime:

Réxime nival: É propio das zonas de alta montaña. As augas altas danse no verán, que é cando se produce o desxeo, e as estiaxes na estación fría, por seren todas as precipitacións en forma de neve e quedaren solidificadas. Exemplos: Sallent (afluente do Gállego), o Segre, Guadix, Dilar.

Réxime pluvial: A maioria dos ríos da Península pertencen a este grupo. A cantidade de auga depende das choivas polo que estes ríos no verán sofren unha importante redución das súas augas. Exemplos: Segura,Tambre, Palancia…

Réxime pluvionival: A maior contribución de auga recíbena das chuvias primaverais, pero a fusión de neves próximas tamén é importante. Exemplos Henares, Alagón, Tormes ou Pisuerga.

Réxime nivopluvial: O seu réxime depende maioritariamente das neves, pero as chuvias tamén inflúen nas súas enchentes. As augas alcanzan o seu máximo en maio, pola fusión das neves, así como en outubro cando comezan as chuvias de outono. Exemplos: Ter, Gállego, Nalón.

ReximesCorrente: translación continuada das augas dun río desde o seu nacente ata a súa desembocadura.

Os ríos peninsulares están condicionados por unha serie de factores que van influir no seu caudal e no réxime. Son os seguintes:

  • Clima: As precipitacións determinan o caudal e o réxime.
  • Relevo: vai influir na organización das concas e vertentes, na erosión pois aumenta coa inclinación e nas obras hidraúlicas.
  • Litoloxía: determina o predominio da escorrentía.
  • Vexetación: minora a evaporación, a erosión e os riscos de inundacións.
  • Acción humana: realiza obras para o aproveitamento da auga e para a regularización dos ríos.

A Conca:
É o territorio cuxas augas verten a un río principal e aos seus afluentes. Caracterízanse por:

➡ Atópanse separadas por divisorias de augas, formadas polos cumios dos relevos montañosos que as delimitan. As concas penínsulares son as do Norte, Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Pireneo oriental, Ebro, Xúquer, Segura e Sur.

➡ Na conca existe unha rede xerárquica desde os subafluentes, afluentes ata chegar ao rio principal.

As Vertentes:
É o conxunto de concas cuxas augas verten no mesmo mar. Os ríos peninsulares distribúense en tres vertentes hidrográficas: a cantábrica, a atlántica e a mediterránea.

Os ríos da vertente cantábrica.
Está formada polos ríos que verten as súas augas ao mar Cantábrico. Comprende unha estreita franxa que vai de Estaca de Bares ata Francia. Os ríos cantábricos teñen as seguintes características.

– Son curtos, xa que nacen en montañas próximas á costa.

– Ao ter que salvar gran desnivel entre o seu nacimento e o seu nivel de base (o mar Cantábrico), posúen unha gran forza erosiva.

– Os ríos cantábricos son numerosos, caudalosos e de réxime regular grazas á abundancia e constancia das precipitacións.

– Ríos máis importantes son: Bidasoa, Deva, Nervión, Pas, Besaya, Sella, Nalón, Narcea, Navia e o Eo.

Os ríos da vertente atlántica.
Está formada polos ríos que verten ao océano Atlántico. Os ríos atlánticos teñen as seguintes características.

– Son longos, posto que nacen cerca do Mediterráneo e desembocan no Atlántico. O Douro 895 km e o Tajo 1007 km, aínda que tamén hai curtos como o Miño de 310 km, o Tinto 93 km.

– A súa forza erosiva é escasa, dado que discorren por chairas nas que apenas se afunden, pero forman barrancos nos desniveis.

– O seu réxime é irregular. Presentan estiaxe no verán coincidindo co mínimo de precipitación (maior canto máis meridional é o río), e crecidas coas choivas de outono e primavera.

Os ríos da vertente mediterránea.
Está formada polos ríos que verten as súas augas ao mar Mediterráneo, desde a fronteira francesa ata a punta de Tarifa . Comprende 182.661 km2, ocupa o 30% da superficie peninsular e drena aproximadamente o 25% das augas peninsulares. A excepción do Ebro, teñen estas características:

– Son curtos (Río Segura 340 km fronte aos 1000 km do Texo), a excepción do Ebro (lonxitude de curso: 928 km e elevado caudal), dada a proximidade do mar ás montañas en que nacen. Por este motivo, son ríos abarrancados, que erosionan violentamente as ladeiras deforestadas e arrastran derrubios.

– O seu caudal é escaso debido ás reducidas precipitacións e o seu réxime é moi irregular. O caudal máximo de crecida pode ser ata 200 veces superior á media do caudal mínimo. No verán presentan importantes estiaxes (moi prologados nos ríos máis meridionais) e no outono poden sufrir crecidas catastróficas orixinadas por choivas torrenciais.

3) LAGOS, LAGOAS, ZONAS HUMIDAS COSTEIRAS

Hai cerca de 2500 lagos e lagoas, aínda que pequenos se os comparamos con outros lagos de Europa. A súa orixe é moi variada e podemos atopar os seguintes tipos:

a) Lagos glaciares: Son aqueles que se forman nos vales erosionados pola acción glaciar. Hai moitos nos Pirineos (ibons ou estanys), pero o máis importante é o Lago de Sanabria que é o máis grande e o de maior profundidade (51 m). Neste caso formouse por debaixo do val glaciar cando este glaciar se desconxelou e a morrena frontal fixo como unha presa e freou o caudal do rio.

En Somiedo, Asturias, hai un bo exemplo de lago glaciar formado no circo. Na imaxe seguinte vemos o val glaciar (perfil en U) ó fondo da imaxe e o lago en primeiro termo.

Outro tipo de lago glaciar, de pequeno tamaño é a lagoa da Lucenza no Courel, formando nun pequeno circo glaciar nesta serra.

b) Lagos kársticos: Prodúcense cando zonas con rocha caliza se van disolvendo e acumulan auga. O lago de Bayoles é un bo exemplo. Outro sería toda a serie de lagoas de Ruidera, unha serie de lagoas escalonadas no rio Guadiana. A comunicación entre estas lagoas e a través dunhas fervenzas causadas pola solidificación do bicarbonato sódico previamente disolto no entorno calizo das lagoas.

c) Lagos ou zonas endorreicas: Son aquelas zonas nas que as augas superficiais non poden sair cara o mar porque están rodeadas de montañas ou porque teñen unha elevada aridez cunha gran evaporación. O normal é que no verán estas superficies se sequen. Un exemplo destos lagos é a lagoa Sariñena e outras máis que se atopan na rexión de Los Monegros en Zaragoza.

d) Lagos volcánicos: Ocupan os cráteres de antigos volcanes nas poucas zonas volcánicas que hai en España. Un exemplo poden ser os da Garrotxa en Olot, Girona.

e) Lagoas costeiras: Son aquelas formadas no litoral por unha barra de area que separa un cauce fluvial da desembocadura. Un exemplo son a lagoa de Doniños e Valdoviño.

f) Lagos tectónicos: En ocasións nas zonas afundidas (foxas tectónicas) se pode acumular a auga sen atopar saída cara o mar, aparecendo lagoas ou lagos como a lagoa de La Janda.

4) PROBLEMÁTICA DOS RECURSOS HÍDRICOS: TRANSVASES, DESALINIZACIÓN, RECUPERACIÓN DE ACUÍFEROS, SANEAMENTOS DOS RÍOS

España é un terriotroio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida. Podemos considerar a España como un área xeográfica árida porque as precipitacións unicamente superan os 1000 mm anuais nos lugares de clima propiamente oceánico, onde chegan os efectos das borrascas atlánticas, e nalgunhas zonas de montaña. Nas terras de clima interior e mediterráneo as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos, e con intensa evaporación. Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a escaseza dos seus recursos hídricos.

As confederacións hidrográficas son entidades adscritas ao Ministerio de Medio Ambiente que teñen como función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles asignou. Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Texo e Ebro. Pola contra mañteñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar, Pirineo Oriental e Canarias e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e Baleares. Por elo, as políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe diferenciar entre a política de transvasamentos, a desalinización da auga do mar, a recuperación dos acuíferos e os plans de saneamento dos ríos.

As políticas de transvasamentos

A desigual distribución dos recursos hídricos presentou a posibilidade dunha política de transvasamentos, ao derivar augan dun río a outro. De feito o abastecemento de cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Murcia, Alacante, Sevilla ou Cádiz depende de pequenos transvasamentos de augas e de complexos sistemas de distribución. Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións, atopan unha forte oposición. De feito, dos proxectos existentes, unicamente se cumpriu a primeira fase do transvasamento Texo-Segura. A condución de auga a gran distancia require custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e pérdese moita auga por evaporación. Doutra banda, a cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos, limitacións para ampliar o uso da auga nas cuncas fluviais de orixe, e tamén producir cambios na achega de sedimentos. Parece que se abandonou o polémico Plan Hidrolóxico Nacional que propuña unha serie de medidas entre as cales salientaba o transvasamento de caudais do Ebro cara ás terras deficitarias de auga de Levante e do Sur.

A desalinización da auga do mar

Na actualidade, búscase satisfacer a demanda de auga das áreas deficitarias coa instalación de plantas desalgadoras. Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento consume moita enerxía. No entanto, a técnica para desalgar a auga do mar está a realizar numerosos progresos para abaratar os seus custose mais o seu consumo de enerxía, e a agua que se obtén é de boa calidade. En España funcionan plantas desalgadoras nas illas Canarias e Almería, e estanse a construír novas instalacións ao longo da costa mediterránea.

A recuperación dos acuíferos

As augas subterráneas, cuxa renovación pode representar decenas de milleiros de anos, explótanse a partir da perforación de pozos e o bombeo de auga. Este aproveitamento foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e tamén para aquelas terras que non contan con outro recurso hídrico, como o Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e algúns lugares da Mancha. A extracción de auga dos acuíferos non soamente fixo diminuír o seu nivel, senón que tamén provocou o desecamento total ou parcial de áreas lacustres e palustres.

Nas áreas litorais, o risco máis grave é a salinización da auga dos acuíferos. Para poder extraer auga doce, as perforacións alcanzaron ás veces os 600 m de profundidade. A falta de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar, que penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa fertilidade. Esta auga non é apta para algúns usos industriais nin para o consumo.

A crecente urbanización da costa mediterránea e a agricultura e mais a gandaría intensiva favoreceron a filtración das augas residuais, xurros e produtos químicos que corromperon a calidade de moitas augas subterráneas. Para resolver estes problemas actualmente se propón inxectar auga para recargar algúns acuíferos e proceder á depuración das augas que conteñen.

Os plans de saneamento dos ríos

En España aplícanse plans de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a progresiva deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo estado ecolóxico, o que significa que os seus leitos van poder ter a capacidade de xerar vida. Estes plans supoñen un maior control sobre as verteduras industriais e urbanas, así como a instalación de colectores e plantas depuradoras de auga, para converter algúns ríos cloaca en ríos de augas limpas. Algúns exemplos témolos nos ríos Ego (País Vasco), Cuadiaro (Andalucía) ou Besós (Cataluña). Un dos obxectivos do Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 é a restauración dos ríos españois co fin de devolver ao seu estado natural ríos, corgos, regueiros e brañais.