Natureza e medio ambiente en España

TEMA 1: Diversidade xeolóxica e morfolóxica

ESQUEMA DA UNIDADE

  1. Formación e evolución xeolóxica.
  2. Variedade litolóxica e formas do relevo diferencial.
  3. Unidades morfoestruturais.
  4. O litoral español: cantábrico, atlántico e mediterráneo.
  5. Relevo insular.

PRÁCTICOS

  • Comentario guiado dun fragmento de mapa topográfico: identificación das coordenadas xeográficas, máximas e mínimas altitudes, zonas de maiores e menores pendentes, principais cursos fluviais e orientación dos mesmos.
  • Comentario de perfís topográficos: N – S, E – O, Pireneos – Val do Ebro.
  • Mapa litolóxico de España.
  • Debuxos e gráficos con tipos de modelado: granítico,cárstico,glaciar ou volcánico.
  • Imaxes identificativas: pedras cabaleiras, badlands, páramos, canóns.
  • Esquemas do relevo costeiro: costa mediterránea.

VOCABULARIO

Aluvión / Foz / Litosfera / Meseta / Penechaira / Somonte / Tectónica de placas (7)

TEMA 2: Diversidade climática

ESQUEMA DA UNIDADE

  1. Factores xeográficos e termodinámicos do clima.
  2. Tipos de tempo.
  3. Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, subtropical.

PRÁCTICOS

  • Mapas do tempo en superficie: Advección do Oeste, anticiclón de verán e tempo do norte.
  • Mapas de temperaturas e precipitacións medias.
  • Mapa dos climas de España.
  • Climogramas: análise de temperaturas, precipitacións e aridez; factores que inflúen no clima; influencia no medio; tipos de climas e localización xeográfica dos mesmos.

VOCABULARIO

Aridez / Barlovento / Inversión térmica / Isóbara / Isohieta / Umbria (6)

TEMA 3 Diversidade hídrica

ESQUEMA DA UNIDADE

  1. Concas hidrográficas e tipos de réxime fluvial.
  2. Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras.
  3. Problemática dos recursos hídricos: transvases, desalinización,recuperación de acuíferos, saneamento dos ríos.

PRÁCTICOS

  • Comentario de hidrogramas (nival, nivopluvial, pluvionival, pluvial oceánico,pluvial mediterráneo).
  • Análise das concas hidrográficas do Ebro e Guadalquivir: localización dos principais ríos e posibles réximes fluviais.
  • Comentario dun mapa dos recursos hídricos da península.

VOCABULARIO

Cunca fluvial / Estiaxe / Marisma (3).

TEMA 4 Diversidade bioxeográfica.

ESQUEMA DA UNIDADE

  1. Factores da diversidade bioxeográfica.
  2. Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña.
  3. O solo: composición e valor do solo.

PRÁCTICOS

  • Mapas de distribución de carballo, sobreira, faia e aciñeira.
  • Gráficos comparativos de cliseries.
  • Mapa de rexións bioxeográficas.
  • Comentario dunha imaxe de paisaxe natural: mediterránea, de montaña e das illas Canarias.

VOCABULARIO

Laurisilva / Maquis / Vexetación clímax / Vexetación antrópica (4).

TEMA 5 Natureza e medio ambiente de Galicia

ESQUEMA DA UNIDADE

  1. O relevo de Galicia
  2. Os climas e o medio natural de Galicia

PRÁCTICOS

  • Comentario dun perfil topográfico O – E.
  • Comentario de paisaxes naturais de Galicia (serras orientais, cuncas interiores e tipoloxía das rías).

VOCABULARIO

Esteiro / Landa / Ría / Tómbolo (4)

TEMA 6 Riscos e problemas ambientais

ESQUEMA DA UNIDADE

  1. Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, cambio climático, pegada ecolóxica.
  2. Respostas e solucións cara a sustentabilidade.
  3. A paisaxe:recurso común, interpretación e transformacións recentes.
  4. O patrimonio natural español e categorías de protección.

PRÁCTICOS

  • Mapas de riscos: xeolóxicos, climáticos (inundacións, temporais e secas).
  • Estatísticas e mapas de erosión dos solos, desertización e incendios forestais.
  • Mapas dos espazos protexidos (parques nacionais, parques naturais, reservas da biosfera).

VOCABULARIO

Avaliación de impacto ambiental / Ecosistema / Efecto invernadoiro / Paisaxe (4)

Advertisements