Prácticas Poboación

PRÁCTICA 1: APRENDER A CALCULAR AS PRINCIPAIS TAXAS

Existen moitas taxas de poboación, como cantidades que son podemos facer os números que se nos ocorran, pero hai certas taxas que nos dan unha visión axeitada de cal é a estrutura da poboación, e cales as súas características. As máis importantes son as seguintes:

  1. A taxa de natalidade ou cantas persoas naceron cada mil habitantes. Taxa bruta de natalidade = (Nacementos/Poboación) x 1000
  2. A taxa de mortalidade que indica o número de falecementos por cada mil habitantes. Taxa bruta de mortalidade = (Defuncións/Poboación) x 1000
  3. O crecemento natural, ou vexetativo, é simplemente os nacementos menos as defuncións. Crecemento natural = Nacementos – Defuncións
  4. O crecemento real é Crecemeento natural + Inmigración (ou – Emigración)
  5. A Taxa de fecundidade que atende ás mulleres en idade de ter fillos. Se hai poucas mulleres a posibilidade de reemprazo é moi pequena. A fórmula é a seguinte: Taxa de fecundidade = (Nacementos/Mulleres entre 15 e 49 anos) x 1000
  6. Taxa de fecundidade por idades: Obtense multiplicando por mil o resultado de dividir o número de nacidos vivos de nais no grupo de idade a estudar entre o número de mulleres do devandito grupo. Taxa de fecundidade por idades = Nacidos vivos do grupo a estudar / Mulleres dese grupo = x 1000
  7. A Taxa de mortalidade infantil, ou número de nenos que morren antes de cumprir un ano. A fórmula é: Taxa de mortalidade infantil = (Defuncións de nenos menores dun ano/Nacidos vivos) x 1000
  8. Sex ratio indica a relación entre o número de homes e o número de mulleres. Normalmente as mujeres son pouco máis do 50% da poboación. Sex ratio = (Homes/Mulleres) x 100
  9. Taxa de masculinidade: (Número de varóns X 100) / Número de mulleres= varóns por cada 100 mulleres
  10. Taxa de feminidade: (Número de mulleres X 100) / Número de varóns= mulleres por cada 100 varóns
  11. Índice de xuventude, vellez ou madurez indicanos cantos mozos (0 a 14 anos) ou ancians (65 ou máis anos) hai con respecto á pobación total. Nunha poboación ben estruturada en índice de xuventude debe estar algo por rriba do 33% e o índice de vellez algo por debaixo do 33%. Índice de xuventude = (Poboación xoven / Poboación total) x 100 Índice de vellez = (Poboación vella/Poboación total) x 100
  12. Taxa de actividade = (Traballadores/Poboación activa) x 100
  13. Índice de dependencia = (Poboación xoven + Poboación vella/Poboación adulta) x 100

PRÁCTICA 2: CALCULAR E ANALIZAR O INDICE SINTÉTICO DE FECUNDIDADE

ISFPRÁCTICA 3: COMENTAR PIRÁMIDES DE POBOACIÓN

españa 2012Preséntasenos para comentar un gráfico que pola súa forma recibe o nome de Pirámide de Poboación. Nel, a través de diferentes elementos, reflíctese a situación da poboación española no ano 2012 tanto do continxente de homes coma de mulleres.

A forma da pirámide propia dos países desenvolvidos con taxas de natalidade moi baixas e unha mortalidade en aumento pola alta esperanza de vida asociada a un réxime demográfico moderno/ postmoderno. Pirámide en forma de oxiva ou campá correspondente a unha poboación envellecida. Base estreita por acusada diminución da poboación xoven e ensanchamento da poboación adulta e anciá
As causas dos entrantes e saíntes nos grandes grupos de idade son as seguintes:
  • Entrante 70 a 74 anos nacidos desde 1938 ata 1942, correspóndese coa caída de nacementos durante a Guerra Civil e a posguerra; este é menos visible nas mulleres pola maior lonxevidade e menores taxas específicas da mortalidade.
  • Saínte para os emigrantes retornados de máis de 60 anos.
  • Saínte correspondente ao baby boom dos 60 para os maiores de 40 anos (grupos de idade nacidos entre 1962 e 1972 aprox.) Forte crecemento vexetativo dos anos do “desarrollismo” e política pronatalista do réxime ditatorial.
  • Saínte polo aporte de adultos da inmigración nas idades entre 30 e 39 anos
  • Entrante moi significativo pola baixada da fecundidade nos 90, asociado aos cambios sociais e culturais (carga económica, incorporación laboral da muller, planificación familiar,…) que acompañan ao final da transición demográfica e redución por mor da crise económica (diminución natalidade desde 1979) Obsérvase mellor a baixada da cohorte de 25 a 29 anos (nacidos a finais dos 80 e comezos dos 90).
  • Saínte por incremento da natalidade que se explica pola inmigración nos primeiros grupos de idade (de 0 a 9 anos). Esta poboación conserva comportamentos de fecundidade propios das rexións de orixe (países subdesenvolvidos)

Comente as consecuencias que se poden derivar da estrutura da poboación:

Envellecemento

  • Dedicar maiores recursos á asistencia de anciáns, aumento do gasto destinado ás pensións.
  • Problemas para o mantemento do Estado do Benestar, os servizos sociais e sanitarios sofren una maior presión.
  • Retraso na idade de xubilación.
  • Menor capacidade de innovación e incremento de modos de vida conservadores e risco de xerontocracia.
  • Dificultade para asegurar o reposición xeracional.

Leve recuperación demográfica

  • Aínda insuficiente para evitar a crise demográfica que se prevé a medio prazo.
  • Aumento da necesidade de servizos asociados aos primeiros grupos de idades.

PRÁCTICA 4: COMENTAR E COMPARAR PIRÁMIDES DE POBOACIÓN

PIRAMIDES 1900 1991 A pirámide de poboación de 1900 responde a un modelo de distribución da poboación propio o réxime demográfico antigo, con altas asas de natalidade debido á inexistencia de sistemas de control no marco dunha estrutura socioeconómica agraria na que os fillos son unha axuda para traballar no campo, e por outro lado altas taxas de natalidade a causa de dieta alimenticia escasa e desequilibrada e alta incidencia das enfermidades infecciosas polo atraso da medicina e da hixiene. Ademais obsérvanse acusadas oscilacións no crecemento debidas á mortalidade epidémica, como a franxa de 10-15 anos que corresponde á epidemia de cólera que houbo en 1885.

A pirámide da dereita, correspondente ao ano 1991 é a propia do réxime demográfico actual. Obsérvase o acelerado descenso da natalidade nas idades inferiores a 10-15 anos, dende a crise de 1975, que se traduce no cambio de mentalidade da sociedade española a partir da transición á democracia e a elevación do nivel de vida. Por outro lado este último aspecto favoreceu o aumento da esperanza de vida en xeral, e un aumento dos grupos de idade avanzada en particular.

As causas que explican os entrantes correspondentes aos grupos de idade de entre 45 e 54 anos na pirámide de 1991 están no descenso de natalidade, por debaixo dun 2%, e sobre todo polo ascenso da mortalidade debido á situación bélica en España entre 1936 e 1939 e a posterior situación de posguerra nos anos corenta.

O entrante correspondente ao grupo de idade de 0 a 4 anos responde ao descenso de natalidade que hai actualmente en España, por debaixo do 1%, e as causas poden ser económicas: paro nunha sociedade de consumo, o prezo da vivenda, a importancia da formación académica e técnica, etc., ou ben causas mentais, como a menor influencia relixiosa, a despenalización dos anticonceptivos, o novo papel social das mulleres, a maior importancia da parella, o valor do tempo libre e de ocio, etc.

A pirámide de 1900 responde a unha sociedade cun maior peso do sector agrario, con abundancia de fillos. A pirámide de 1991 é propia dunha sociedade con maior peso das funcións terciarias, sociedade de consumo, onde os fillos supoñen unha carga familiar e un freo para a mellora do nivel de vida. As consecuencias deste feito vanse empezar a notar cando estes grupos de idade formen parte da poboación activa e diminúan a poboación en idade de traballar e cotizar ao erario público. A consecuencia seguinte será a necesidade de importar man de obra emigrante, que substitúa ese baleiro demográfico autóctono.

PRÁCTICA 5: GRÁFICA DA POBOACIÓN ACTIVA DE ESPAÑA E GALICIA NOS ÚLTIMOS 25 ANOS

evolució p activa

PRÁCTICA 6: TAXAS NATALIDADE E MORTALIDADE (transición demográfica en España)

NATALIDAD

Presentasenos para comentar un gráfico que co título de “Evolución das taxas de natalidade e mortalidade” móstranos o progreso da poboación no período comprendido entre os anos 1886 e 2006. Para realizar o comentario insistiremos en dous puntos: elementos formais e análise dos datos.

  1. Elementos formais: No gráfico represéntase a evolución da natalidade (liña azul) e a mortalidade (liña vermella) en España desde 1886 ata o ano 2010. A diferenza entre ambas variables é o crecemento natural ou vexetativo. Nel gráfico pódense apreciar claramente as dúas ocasións nas que se produce un crecemento natural negativo, é dicir, cando a mortalidade supera a natalidade: en 1918 e a finais dos 30. Existe, ademais, un breve periodo no que ambas variables sitúanse á vez (mediados dos anos 90 do século XX). No lateral esquerdo móstranse as proporcións (de cinco en cinco). Ao tratarse de “taxas” refírese a “tantos por mil”.
  2. Análise dos datos:
  • Durante os últimos anos do século XIX e o primeiro decenio do século XX os valores da natalidade e mortalidade son elevados, en torno ao 25 ou 35 por mil. É este un período no que aumenta a poboación aínda que non de forma excesiva xa que, como se pode observar no gráfico, a diferenza entre a natalidade e a mortalidade non é moi grande. Ademais, nas dúas taxas obsérvanse oscilaciós que reflicten as crises cíclicas debido á falta de medidas sanitarias e hixiénicas. O aumento da mortalidade agudízase nos períodos de seca ou de malas colleitas xa que España é nestes anos un país fundamentalmente agrario. A todo isto hai que engadir a emigración ao norte de África e a Ultramar, ademais do aumento de mortes por guerras, factores todos eles que reducen tamén a natalidade. Pese a todo iso o século termina cunha mortalidade relativamente baixa (27 por mil en 1898).
  • A partir de 1900 iníciase en España o réxime demográfico moderno caracterizado por unha aceleración no crecemento da poboación. Previamente pasa por periodo de “transición”. Nos primeiros anos do século XX o aumento da poboación débese á redución da mortalidade especialmente a infantil, pola mellora das condicións de hixiene, pese a que tamén se produce un descenso das taxas de natalidade polo progresivo descenso da fecundidade e ao incremento na idade de contraer matrimonio O descenso da natalidade e, especialmente, o aumento da mortalidade a partir de 1910 está manifestando as consecuencias da guerra no Norte de África. Esta tendencia descendente chega a un punto no que o crecemento é prácticamente cero polo gran aumento no número de mortes que se produce como consecuencia da epidemia de gripe de 1918. Unha vez superada a epidemia, os índices de natalidade e mortalidade recupéranse volvendo aos valores anteriores pero, ademais desta recuperación demográfica típica dos anos posteriores a un crise, a partir de 1920 a poboación ascende polo final da guerra (1926), as melloras económicas durante a ditadura de Primo de Rivera e a redución da mortalidade por as melloras sanitarias. Esta tendencia interrómpese novamente durante a Guerra Civil (aumento da mortalidade e redución da nupcialidade e a natalidade).
  • A partir de 1940, no que se produce un crecemento negativo, iníciase o ascenso pero os valores anteriores xa non se alcanzan debido ás duras condicións da posguerra (aumento do número de exiliados, “xeración oca”, difíciles condicións económicas, bloqueo internacional…), só existe unha lixeira aproximación a partir de 1955. Entre este ano e 1965 a natalidade ascende, é o típico fenómeno denominado “baby boom” que en España se produce bastante logo da Guerra polas condicións citadas, a mortalidade descende pola xeneralización da Seguridade Social e a mellora da situación económica nos anos do desenrolo (anos 60 do século XX).
  • A partir de 1976 a tendencia na natalidade e a mortalidade é descendente (ciclo demográfico moderno). O factor máis importante é o progresivo descenso da natalidade relacionado coa crise económica pero tamén co nivel de desenvolvemento alcanzado que, ao mesmo tempo que seculariza a sociedade, legaliza e populariza os anticonceptivos. Desde os anos 70 os valores das datos se estabilizan en torno ao 10 por mil, existindo unha pequenísima diferenza entre elas. Por iso o crecemento natural aínda que positivo é moi reducido e existe o risco de alcanzar nalgún momento valores negativos (como en 1998, 1999). Este descenso da natalidade, unido ao aumento da esperanza de vida, provoca o envellecemento da poboación, fenómeno que xa se está acusando hoxe. No ano 2000 a natalidade comeza a recuperarse debido fundamentalmente á chegada de inmigrantes e, en menor medida, á política natalista. Iso posibilita un certo crecemento demográfico que, coa actual crise, probablemente, véxase ralentizado.

PRÁCTICA 7: GRÁFICA OU ESTATISTICAS COA VARIABLE DE XENERO

brechaaaaa--478x600 Diferencias-Salariales-Genero-Edad

PRÁCTICA 8: PORCENTAXES DE INMIGRANTES POR PROVINCIA OU COMUNIDADES

POBOACION ESTRANXEIRAO mapa reflicte a porcentaxe de poboación estranxeira nas provincias españolas. É un mapa de coropletas que representa datos cuantitativos asociados a unidades administrativas (neste caso provincias) utilizando cores de recheo diferentes. O mapa presenta unha clasificación en cinco intervalos de clase (cada clase unha cor) e inclúe una escala gráfica.

As áreas xeográficas que se poden diferenciar facilmente son o Levante mediterráneo desde Girona ata Almería, cunha taxa elevada de poboación estranxeira. Pola contra a parte occidental de España e a cornixa cantábrica teñen as taxas máis baixas. Como causas das diferenzas das porcentaxes pódense citar:

  • O crecemento económico baseado en gran medida no boom inmobiliario (“o ladrillo”); este crecemento aumentou a oferta de postos de traballo en sectores que non eran cubertos por man de obra española. O resultado foi un maior crecemento dos estranxeiros nas áreas máis turísticas de España (Mediterráneo e arquipélagos) e máis dinámicas economicamente. Os inmigrantes cubrirán postos de traballo nos sectores da construción, dos servizos (hostalaría, fogar) e tamén da agricultura mediterránea (por exemplo, cultivo baixo plástico), como sería o caso de Almería,Murcia ou Lleida.
  • No caso de Madrid e as provincias limítrofes e Barcelona hai que ter en conta que os inmigrantes sitúanse nas dúas metrópoles españolas para logo buscar traballo. Madrid e Barcelona actuaron como centros de distribución de traballadores inmigrantes.
  • No litoral mediterráneo e as illas atópase unha inmigración de poboación xubilada da Europa noroccidental, debido á forte acollida que propicia o clima suave desta zona.
  • A menor incidencia da inmigración en Galicia e a cornixa cantábrica explícase polo menor efecto do boom inmobiliario (non se construíron tantas casas coma no Mediterráneo) e o tipo de agricultura, cun maior peso da gandería no produto final e non tan orientada cara ó mercado exterior como a mediterránea.

Como consecuencias pódense citar aspectos:

  • Demográfico: a poboación española medra no último decenio do século XX e comezos do XXI; no censo de 1991 ten 38.872.268 habitantes; no do 2001, 40.847.371; e no censo de 2011, 46.815.916. Este incremento está influído pola inmigración. A fecundidade en España tamén varía na segunda metade dos 90, sendo o punto de inflexión 1996 co número de fillos por muller máis baixo. No 2003 as mulleres españolas tiñan como media 1,26 fillos e as estranxeiras 1,90.
  • Económico ou laboral: a inmigración supón (polo perfil de idade dos inmigrantes) un aumento da poboación activa española ata case 23 millóns de persoas, con consecuencias importantes, entre outras para as pensións.
  • Aspecto social: tamén se pode mencionar cos posibles problemas de integración, a aparición de actitudes xenófobas, as mafias vinculadas á inmigración irregular e os problemas humanos desta. É moi importante o fenómeno migratorio das últimas décadas: o cambio social máis importante na España do século XXI

PRÁCTICA 9. GRÁFICA DA EMIGRACIÓN GALEGA

12_grafica_emigracion_1880-2001Galicia é, con 2.796.089 habitantes, a quinta comunidade de España con maior poboación, despois de Andalucía, Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana, e en 2008 representaba o 6,03% da poboación española. As migracións condicionaron a progresiva perda de peso de Galicia na demografía española.

Testemuñada desde o século XVIII, cando os campesiños galegos partían cara a Castela para traballar como xornaleiros, a emigración preséntase como un fenómeno inherente ao territorio galego. Polo tanto, o coñecemento dos procesos migratorios é fundamental para entender non só a estrutura da poboación, senón tamén a evolución económica e social de Galicia.

No contexto dos movementos migratorios do século XX, hai que diferenciar dúas grandes etapas no referente aos destinos dos emigrantes que parten da nosa comunidade:

  • As migracións transoceánicas (ata 1960). A mediados do século XX os galegos emigrados cara a Iberoamérica supuñan arredor do 33% do total nacional. As enormers posibilidades que ofrecían as nacións americanas, moi necesitadas de man de obra nas súas fases de creación, impulsaron as saídas masivas cara a países como Arxentina, Brasil ou Cuba. Durante varios anos superouse a cifra de 70.000 persoas embarcadas nos portos galegos, das que o 70% eran homes. Tras a finalización da Segunda Guerra Mundial, a mediados dos 40, o proceso migratorio revitalizouse, aínda que sen acadar as cantidades anteriores, e cobraron importancia novos destinos, como Venezuela, Uruguay ou, en menor medida, México e os Estados Unidos. En conxunto, as provincias occidentais superaron lixeiramente ás de Ourense e Lugo en rexistro de saídas, quizais pola proximidade aos portos da Coruña e Vigo, desde onde se realizaba a gran maioría dos embarques.
  • A emigración cara a Europa. A partir de 1960, o estímulo das facilidades ofrecidas polos países de Europa occidental, inmersos nun importante proceso de industrialización tras a Segunda Guerra Mundial e o desenvolvemento posterior, favoreceu a marcha de man de obra cara a Alemaña, Francia, Suíza, Bélxica ou Gran Bretaña. Desde 1961 ata 1980 saíron dos portos galegos máis de 300.000 emigrantes, cunha porcentaxe maior de mulleres que na corrente transoceánica.

Entre 1978 e 2008 o movemento migratorio experimentou importantes cambios de tendencia. Galicia pasou de ser emisora de emigrantes a receptora de inmigrantes. O retorno dos emigrantes é o máis importante de toda España.

A emigración nacional iniciouse na década de 1980 despois de que a emigración internacional se paralizase como consecuencia da crise do petróleo de 1973. Os galegos emigraron ás principais áreas industriais de España. Por esta razón, o saldo migratorio de Galicia co resto das rexións españolas foi tradicionalmente negativo. Nos últimos anos esta tendencia variou ao se rexistrar un saldo positivo entre 1992 e 1994, en 2005 e, sobre todo, en 2008.

As migracións interiores dentro do territorio galego seguiron a tendencia de instalarse nas zonas litorais, polo que moitas zonas do interior quedaron practicamente despoboadas.

A inmigración estranxeira multiplicouse por máis de catro entre os anos 1999 e 2008. Dos pouco máis de 21.787 residentes estranxeiros rexistrados a comezos de 1999 acadouse a cifra de 95.568 persoas en 2008. A maioría dos inmigrantes procede da Unión Europea, principalmente de Portugal, que representa o 19,38% de todos os inmigrantes. Ségueno, en orde de importancia, Brasil, Colombia, Romanía e Marrocos.

PRÁCTICA 10: OCUPACIÓN POR SECTORES

Industria_Graf_02 Preséntasenos un gráfico liñal (en realidade tres gráficos) no que están representados os tres sectores clásicos da estrutura poboacional activa española. Corresponden ao século XX e están temporalizados por décadas.

Por sectores o máis destacado é o descenso case continuo do sector primario que só presenta un lixeiro ascenso na década dos anos 30. A partir de 1950 o descenso é continuo e acelerado. En total pásase dun 70% a un 5% sendo o cambio máis amplo que presentan os tres sectores. As causas máis importantes son, en primeiro lugar, a mecanización dos labores agrícolas que determinan que exista un exceso de poboación activa no campo; en segundo lugar, a estrutura da propiedade en España na que seguen existindo tanto os grandes latifundios en mans de terratenentes absentistas no centro e sur e o minifundio no norte. Ten como consecuencia o éxodo da poboación rural que se encontra con grandes dificultades para encontrar traballo. A migración do campo á cidade faise extensiva na década das 50, o que se demostra no gráfico cunha tendencia descendente intensa ata 1990.

A evolución da poboación activa ocupada no sector secundario manifesta os avatares da industrialización en España. Cunha tendencia ascendente importante ata os anos 30 nos que destacan os focos industriais de Cataluña e o País Vasco, inicia un descenso despois da Primeira República do que non se recupera ata ben pasada a guerra Civil. É a finais dos anos 50, coa política de desenvolvemento, cando se empeza a recuperar a industria en España. Este proceso ascendente detense a finais dos 70 coa crise do petróleo que coincide co final da ditadura en España. A crise enerxética e a entrada de España na Comunidade Europea implican a necesidade de reconversión industrial co fin de que a industria española sexa competitiva en Europa Esto maniféstase nun novo descenso da man de obra empregada na industria ata as anos 90 en que comeza a estabilizarse.

Por último, o sector que durante todo o século está en continua avance é o sector terciario. O ascenso é lento ata mediados de século, pero dende as anos 60 ata os 90 o incremento é moi forte. A razón fundamental é a perda de poboación activa tanto na industria coma no sector primario. A poboación que traballaba na industria en cidades como Barcelona, Bilbao ou Madrid, regresa ás súas zonas de orixe, non aos seus pobos, senón ás cidades medias co fin de traballar no sector servizos (comercio, transporte e fundamentalmente turismo). Por outra parte, é a finais dos 70 cando tanto o Estado das Autonomías coma a implantación do Estado do Benestar supoñen un grande aumento do número de empregos en funcionarios do ensino, sanidade, administración, etc.

O conxunto da gráfica demostra, en fin, a terciarización da poboación activa en España.

Advertisements