Xeografía

Que é a Xeografía?

A Xeografía é a ciencia que describe a Terra e sinala as características e a localización dos sistemas e elementos que aparecen na súa superficie. Dun modo amplo, esta palabra utilízase tamén para referirse á paisaxe dun territorio. Por exemplo: “A xeografía desta zona é moi abrupta”.

Procede do latín geographĭa, e á súa vez do grego, γεωγραφία , (geographia), composta por de η γη (hê gê) “a Terra” e γραφειν  (graphein) “debuxar”, “describir”.

Xeografia xeral

A xeografía xeral é unha rama da xeografía e pódese definir como o estudo das diferenzas e os cambios de características, localizacións dos fenómenos xeográficos e as súas relacións co ámbito natural e a acción co ser humano. Adóitase subdiviir en dúas grandes ramas: a xeografía física e a xeografía humana.

Xeografía física

A xeografía física forma parte da xeografía e é o estudo sistemático e espacial da superficie terrestre a nivel global. Céntrase, dun xeito específico no espazo e os elementos pertencentes ao espazo xeográfico natural.

Xeografía humana

A xeografía humana sitúase dentro da xeografía como unha ciencia eminentemente social cuxo obxecto de estudo é a sociedade e a súa relación co espazo físico.  A xeografía humana contén varias subdisciplinas: xeografía da poboación, xeografía do transporte, xeografía económica (sectores), xeografía urbana …

Advertisements