Práctica Xeografia

Captura de pantalla 2016-05-25 a las 13.02.04

2.‐ Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Localice as provincias numeradas do 1 ao 4 (Figura 2), indicando cales están en alta e cales están en baixa presión (1 punto).

Provincias:

  1. Sta. Cruz de Tenerife: alta presión
  2. Cidade Real: alta presión
  3. Navarra: baixa presión
  4. Teruel: baixa presión

b) Comente o documento (Figura 1) seguindo as seguintes cuestións: 

Identifique o tipo de documento, as figuras isobáricas, frontes e a localización -a grandes trazos- destes (1 punto).

Estamos diante dun mapa meteorolóxico de superficie, no que se expresa a presión atmosférica en isóbaras e se localizan diferentes centros de presión, así como outras figuras isobáricas (frontes cálidas, frías e ocluídas).

Distinguimos no mapa:

  • Dous centros de altas presións, un sobre o continente africano e outro sobre o Océano Atlántico, ao Oeste das illas Azores -con 1024 mb de presión no seu centro
  • Dous centros de baixas presións ubicados no Atlántico Norte, ao Noroeste de Irlanda, con 956 e 960 mb de presión no seu centro respectivamente.

Asociados aos centros de baixa presión temos unha cadea ou familia de frontes,con alternancia de frontes cálidas, frías e ocluídas.

  • Sobre o Mediterráneo constátase a presenza dunha fronte fría procedente do Oeste, que xa varreu a Península Ibérica, e que atrapou a fronte cálida para constituír unha ocluída sobre o continente europeo e as Illas Británicas – fronte ocluída asociada ao centro de baixas presións máis profundo, o de 956 mb no seu centro -.
  • A punto de chegar á Península Ibérica, a continuación da fronte fría que vimos de citar, e procedente do Oeste, temos unha fronte cálida que está a punto de atravesar o litoral portugués
  • Máis ao Oeste, sobre o Atlántico, outra fronte fría que xa se converte en ocluída no ollo da depresión de 960 mb, enlazada con outra fronte cálida procedente do Sur e outra fronte fría do Noroeste que se localizan no centro do Atlántico.

Masas de aire e ventos dominantes nas distintas áreas de España (1 punto).

Nesta situación conflúen dúas masas de aire de características contrastadas:

  • A masa de aire polar marítimo, procedente da depresión de Islandia, habitualmente fría e húmida.
  • A masa de aire tropical marítimo – orixinada nos anticiclóns subtropicais – cálida e húmida.

Produciranse ventos intensos do Oeste debido ao forte gradiente de presión.

Situación meteorolóxica e tipos de tempo que cabe esperar nas comunidades de Galicia e de Canarias, significando as diferenzas de temperatura, humidade e precipitación (1 punto).

  • Canarias: Sometidas á influencia do anticiclón das Azores. Con este mapa de isóbaras, cabe esperar un tipo de tempo estable, con temperaturas suaves tendendo a cálidas, e ausencia de nubes  O grao de humidade, sendo relativamente elevado polo carácter insular das illas, será menor que en Galicia – debido á influencia estabilizadora das altas presións-.
  • Galicia: Sometida a ventos do Oeste – Suroeste, con baixas presións e forte gradiente de presión debido á proximidade das isóbaras, terá un tempo inestable e húmido, con ceos cubertos e maiores precipitacións na costa occidental e nas superficies montañosas a barlovento. As temperaturas son suaves relacionadas coa fronte cálida que está a chegar.
Advertisements