Memoria de España

MEMORIA DE ESPAÑA é un documental de TVE que repasa a historia de España dende as súas orixes ata a actualidade. Un equipo de historiadores, coordinados por Fernando García de Cortázar, supervisou os seus contidos.

1) OS INICIOS DOS TEMPOS

Fai uns 30000 anos os homes do Neardental atopan o último dos seus mundos. Ao longo do tempo, especies dotadas de poder e intelixencia extínguense para sempre e só o Homo Sapiens permanece na Terra.

2) DE ALTAMIRA AO ÚTIL DE METAL

O descubrimento da cova de Altamira (Cantabria) por Marcelino de Sautuola cambia radicalmente a percepción da Prehistoria.

3) TARTESO, O REINO LENDARIO DE ARGANTORIO  

Dende o século VIII ao VIN a.C. unha civilización, Tarteso, que ocupa o suroeste da Península Ibérica, atrae pola súa riqueza aos pobos navegantes do Mediterráneo Oriental. Tarteso foi un país catalizador de culturas, foi tamén o primeiro estado e a primeira economía mineira da Península,

4) AS GRANDES POTENCIAS DISPÚTANSE IBERIA

Trala desaparición de Tarteso, a finais do s. VI a.C. outros pobos que habitan a Península Ibérica protagonizan a súa Historia. Os nativos ibéricos enraizados nos seus costumes opóñense durante centos de anos ás potencias invasoras: Cartago e Roma, que transformaron as súas vidas. Na resistencia ás invasións fórxanse feitos resoantes como Sagunto e Numancia, e personaxes inmortais como Viriato.

5) HISPANIA, UN PRODUTO DE ROMA

Vencida Cartago, Roma descobre a súa auténtica face e inicia a conquista da península Ibérica. Os hispanos, moi inferiores en potencial de guerra ao exército romano, resístense. E sobre os pedestaIs da súa traxedia edifícase o mito que durante séculos alimentará unha parte da historiografía española, a dos recordos dun carácter indómito, a da melancolía dunha identidade perdida, a do sacrificio e a espada antes que calquera rendición: Viriato, Numancia… Trala vitoria de Roma, o territorio peninsular ibérico atópase sometido a unha mesma autoridade política, a unhas mesmas normas xurídicas e, ata, a un mesmo sistema económico. O proceso de adaptación resultará duro para boa parte dos habitantes de Hispania que teñen que renunciar a moitas dos seus costumes, asumir a supremacía dos deuses dos vencedores, someterse a unha nova orde xurídica e aceptar unha nova civilización baseada na concentración da poboación en grandes urbes. Excelentes obras públicas, pontes, calzadas, acueductos, multiplícanse polo chan hispano.

6) DO IMPERIO CRISTIÁN AOS REINOS BÁRBAROS 

Co cristianismo aparecen en Hispania novas inquedanzas relixiosas. Particular importancia adquire prisciliano de Ávila e a súa herexía. A Hispania romana vaise desintegrando por influencia de invasións bárbaras e pronto van adquirindo particular importancia os reinos de Tolosa e de Toledo. Os visigodos dominan culturalmente a península.

 

Advertisements