XUÑO 2012
OPCIÓN A
1. Defina, nun máximo de cinco liñas, unicamente catro dos seguintes termos xeográficos, indicando algún exemplo en relación con España ou Galicia: desagrarización, explotación intensiva, cunca fluvial, fondos estruturais, litosfera, tectónica de placas. (Puntuación máxima 2 puntos; 0,5 por termo ben definido).
Respostas
-
Desagrarización é a perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio. En toda España tense producido este proceso, especialmente desde finais dos anos 1970.
- Explotación intensiva é aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura intensiva obtén unha forte productividade, sobre terreos moitas veces de extensión reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.
- Cunca fluvial ou hidrográfica é a porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas – liña desde a que as augas correntes flúen en direccións opostas – e que soe coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos
- Fondos Estruturais son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e busca reforzar a cohesión económica e social. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – destinados ás rexións menos favorecidas – e o Fondo Social Europeo (FSE) – destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego.
- Litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola códea e unha parte do manto superior terrestre.
-
Tectónica de placas é unha teoría que explica a deriva continental e outros fenómenos como a formación de montañas, volcáns e terremotos. Segundo a tectónica de placas, a superficie exterior da Terra, chamada cortiza, consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas que están en constante movemento. España está no límite sur da placa eurasiática.
- Identifique os tipos de documentos e sinale 4 dos pincipais caladoiros fóra das costas peninsulares nos que pesque a flota española (1 punto).
- Analice e comente a evolución da poboación ocupada na pesca en España (1 punto).
- Explique as principais características en canto á ocupación e recursos da rexión pesqueira do Noroeste (1 punto).
- Identifique os tipos de documentos e sinale 4 dos principais caladoiros fóra das costas peninsulares nos que pesque a flota pesqueira española (1 punto).
Mapa corocromático temático de España coa trama das provincias e Comunidades Autónomas no que se reflicten as principais rexións e caladoiros nacionais.
E un gráfico lineal que no eixo horizontal expresa o tempo (1965 – 2005) e no vertical miles de persoas referida á poboación ocupada na pesca en España.
Noruega e Svalbard, Groenlandia, Gran Sol e Atlántico Norte, Terranova, Marrocos, Mauritania e Senegal, Cabo Verde, Guinea -Bissau, Costa de Marfil e Guinea Ecuatorial, Atlántico interior, Angola e Namibia, Costa do Sur de Chile, Illas Malvinas, Illas Seychelles, Illas Comores e Madagascar.
- Analice e comente a evolución da poboación ocupada na pesca en España (1 punto).
Sinalar o claro descenso da poboación ocupada e da súa contribución ao PIB dende o ano 1975, o que levou a un envellecemento e falta de formación neste sector. Aínda así na actualidade amosa un tamaño excesivo en relación coas posibilidades de pesca.
Crecemento ata mediados dos anos 70 debido a: aumento da demanda, mellora do nivel adquisitivo, baixo prezo do combustible, libre acceso a caladoiros, facilidades económicas, modernización
- Explique as principais características en canto á ocupación e recursos da rexión pesqueira do Noroeste (1 punto).
– Problemas sociais nas zonas afectadas. Impulso doutros sectores como o acuícola. Axudas a pesca artesanal en zonas de tradición pesqueira ou intentos de reconversión profesional. Importancia do marisqueo e forte desenvolvemento da acuicutura.
– Sobreexplotación dos recursos polo exceso de capturas e polo uso de artes de pesca indiscriminadas levou, dacordo coa Política Pesquiera Comunitaria (PPC), ao establecemento de cotas de pesca, paros biolóxicos, etc.
– Contaminación, especialmente por vertidos de combustibles. Necesidade de rexenerar e diversificar actividade.
OPCIÓN B
1.- Defina, nun máximo de cinco liñas, unicamente catro dos seguintes termos xeográficos, indicando algún exemplo en relación con España ou Galicia: área metropolitana, barlovento, maquis, umbría, acuicultura, laurisilva. (Puntuación máxima 2 puntos; 0,5 por termo ben definido).
Respostas
- Área metropolitana é un espacio moi urbanizado que engloba unha cidade central que dá nome a área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo organizado de xeito centralizado.
- Barlovento é a parte dun relevo ou zona orientada cara ao lugar de onde vén o vento. En Galicia, cando domina o fluxo zonal do oeste, a vertente de barlovento das dorsais montañosas é a occidental, máis húmida, mentres que a de sotavento, a oriental, se caracteriza por unha menor pluviometría.
- Maquis ou maquia é un ecosistema de matogueira mediterránea, formación de especies perennifolias, principalmente arbustivas, que soe refuxiarse sobre solos silíceos. Os madroños, as xaras, os brezos, lentiscos, romeus e outras especies son características desta formación, de maior porte xeralmente que as garrigas.
- Umbría (avesedo) é a parte dun terreo en que case sempre fai sombra, por estar exposta ao norte, no noso hemisferio. Por exemplo, as vertentes orientadas cara ao Norte do Cordal Cantábrico.
- Acuicultura é o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. Aacuicultura aparece restrinxida a un pequeno abano de especies, principalmente peixes, moluscos e crustáceos. En Galicia, a acuicultura representa aproximadamente a terceira parte da cifra do negocio da pesca.
- Laurisilva é un bosque nuboso subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes árbores, que en España se dá nas illas Canarias, máis concretamente nas vertentes setentrionais das illas occidentais de maior elevación, alí onde o “mar de nubes” determinado pola afluencia dos alisios permite o seu crecemento.
- Identifique o documento e complete a súa lenda coas áreas litolóxicas que lle correspondan. (1 punto)
- Orixes xeolóxicas e localización de cada área litolóxica representada (1 punto).
- Rochedo predominante e exemplos de modelado correspondentes a cada área litolóxica (1punto).
Mapa da Península e arquipélagos canario e balear de tipo corocromático temático coa trama de provincias, a rede fluvial principal e a representación corocromática da litoloxía predominante na península e nos arquipélagos.
Número 1 coa cor verde: Área silícea
Número 2 coa cor vermella: Área calcaria
Número 3 coa cor amárela: Área arxilosa
Número 4 coa cor azul: Área volcánica
- Rochas moi antigas, do Precámbrico e do Paleozoico que foron antigos macizos arrasados.
- Localízanse nas rexións nas que aflora o vello zócalo herciniano da Meseta e en zonas de outros macizos antigos. Todo o terzo oeste peninsular (excepto zona de Lisboa) e se estende cara o oeste da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena; e formando manchas illadas, no eixe central dos Pireneos, Penibéticas, algunhas serras do Sistema Ibérico e a Cordilleira Costeira- Catalá.
- Rochas sedimentadas durante o Mesozoico e comezos do Terciario que co pregamento alpino formaron os conxuntos montañosos da zona oriental española.
- Esténdese formando unha Z invertida, desde as costas catalanas ata o estreito de Xibraltar. Pireneos, Sur da Cordilleira Costeira – Catalá, Montes Vascos, e metade oriental da Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Subbéticas. Domina no arquipélago balear, salvo as chairas centrais.
- Rochas que foron depositadas a finais do Terciario e no Cuaternario.
- Se estende polas depresións terciarias: as concas castelás, as depresións do Ebro e Guadalquivir; as chairas litorais mediterráneas e a depresión do Texo.
- Nas erupcións volcánicas durante a era terciaria, ascenderon masas de rochas volcánicas.
- Illas Canarias e zonas da península como Cabo de Gata, Olot e Campo de Calatrava.
- Poden ser metamórficas como as lousas, xistos ou gneis, ou ígneas como o granito.
- Relevo granítico: areas pardoamarelas, cristas, pedregais, domos, barrocais, caos granítico.
- Rocha predominante e a calcaria.
- Relevo cárstico: lapiás, foces, poljés, dolinas, covas e simas.
- Rochas como as arxilas, margas e xesos.
- Forman relevos basicamente horizontais, por non sufrir pregamentos posteriores. A súa rápida erosión xera:
- Segundo a viscosidade da lava e a proporción de produtos sólidos poden ser: lapilli, escorias, bombas volcánicas ou coladas.
- Formas máis características: conos volcánicos, calderas, domos, malpaíses, diques, barrancos volcánicos.
- a) O éxodo rural.
- b) A inmigración”.
SETEMBRO 2012